UNPO
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
A Organización das Nacións e Pobos Non Representados (coñecida en inglés coma Unrepresented Nations and Peoples Organization ou pola súa sigla UNPO) é unha organización internacional que reúne diversos grupos que representan nacionalidades que aspiran á independencia respecto dos estados que os ocupan. Os seus membros son pobos indíxenas, Estados non recoñecidos, minorías étnicas, territorios ocupados e demais grupos sen representación internacional.
Ten a súa sede central na Haia (Países Baixos). O seu actual secretario xeral é Mario Busdachin.
Principios[editar | editar a fonte]
A Carta da UNPO estabelece os cinco principios centrais da organización:
- Non-violencia: os membros da UNPO deben resolver os seus conflitos de modo pacífico, rexeitando calquera uso do terrorismo
- Autodeterminación: os integrantes concordan que os pobos teñen igual dereito ao auto-goberno
- Democracia: as entidades presentes na UNPO deben necesariamente ser democráticas e tolerantes
- Ambientalismo: o respecto ao medio ambiente é unha política obrigatoria
- Dereitos humanos: as nacións da UNPO aceptan seguir os tratados e declaracións que protexen os dereitos do ser humano
Membros[editar | editar a fonte]
Europa[editar | editar a fonte]
- Partido da Prosperidade Democrática (minoría albanesa de Macedonia do Norte)
- Partido para a Democracia dos Albaneses en Macedonia (minoría albanesa de Macedonia do Norte).
- Parlamento dos Tártaros de Crimea - Crimea.
- Unión Democrática da Minoría Étnica Grega de Albania.
- Alianza Democrática dos Húngaros de Romanía.
- Comité Nacional para o Rexurdimento de Komi - Komi.
- Liga Democrática de Kosovo - Kosovo.
Asia[editar | editar a fonte]
- Goberno tibetano no exilio - Tíbet.
- Goberno non recoñecido de Abkhasia.
- Goberno da República de Baxcortostán[Cómpre referencia].
- Goberno da República de Inguxetia[Cómpre referencia].
- Goberno da República de Tatarstán.[1]
- Goberno da República de Tuva[Cómpre referencia].
- Estado non recoñecido de Chao Fa.
- Estado non recoñecido de Karenni.
- República non recoñecida de Molucas do Sur.
- Partido Democrático Soldariedade - Ahwaz.
- Alianza Universal Asiria - Asiria.
- Fronte Nacional Chin - Chin.
- Shanti Bahini - Chittagong.
- Congreso Nacional Chuvax - Chuvax.
- Asociación Internacional Circasiana - Circasia.
- Alianza dos Pobos de Cordillera - Cordillera (Luzón).
- Congreso Mundial Uigur - Turquestán Oriental.
- Partido Popular da Mongolia Interior - Mongolia Interior.
- Partido Democrático do Curdistán Iraniano.
- Partido Democrático do Curdistán.
- Unión Patriótica do Curdistán.
- Partido Nacional Turcomán.
- Federación de Camboxa do Sur - Camboxa do Sur.
- Movemento Popular Tenglik - Kumyk.
- Movemento Nacional Mari - Mari.
- Liga da Unidade Mon - Mon.
- Fundación Montagnard - montagnards.
- Consello Nacional Socialista de Nagalandia - Nagalandia.
- Organización de Estados Shan - Shanlandia.
- Instituto Mundial Sindhi - sindhis.
- Movemento para o Espertar Nacional do Acerbaixán do Sur - Acerbaixán do Sur.
- Fundación Taiwanesa para a Democracia - Taiwán.
- Movemento Nacional Talix - talixes.
- Consello Udmurt - Udmurt.
- Partido Popular de Balochistán - Balochistán.
África[editar | editar a fonte]
- Goberno non recoñecido de Somalilandia.
- Asociación para a Promoción de Batwa - Batwa.
- Mulleres Masai a prol da Educación e do Desenvolvemento Económico.
- Organización Pastoral Para o Desenvolvemento Integral Mainyoito - masais.
- Asociación de Propietarios Kitengela Ilparakuo - masais.
- Movemento para a Sobrevivencia do Pobo Ogoni - ogonis.
- Fronte de Liberación Oromo - Oromia.
- Consello de Capitáns dos Bastardos de Rehobot - Bastardos de Rehobot.
- Consello Nacional do Camerún do Sur - Camerún do Sur.
- Alternativa Democrática de Zanzíbar - Zanzíbar.
- Dabalorivhuwa - Vhavenda.
América[editar | editar a fonte]
Oceanía[editar | editar a fonte]
- Comité Nacional para a Defensa dos Dereitos dos Negros (aborixes australianos).
- Goberno provisional de Bougainville.
- Ka Lahui Hawaii - Hawai.
- Hiti Tau - Maohi.
- Fronte Popular de Papúa Occidental - Papúa Occidental.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Unrepresented Nations and Peoples Organization (1997). Unrepresented Nations and Peoples Organization: yearbook. Martinus Nijhoff Publishers. p. 120. ISBN 9789041104397.