Organización de Nacións e Pobos Non Representados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Organización de Nacións e Pobos Non Representados
Logo
Flag of the Unrepresented Nations and Peoples Organisation.svg
Lânkaart UNPO-lidmaatskip.png
AcrónimoUNPO
Tipoorganización internacional
Data de fundación11 de febreiro de 1991
PremiosPetra-Kelly-Preis
SedeA Haia
Na rede
https://unpo.org
Facebook: UNPOintl Twitter: UNPOintl Instagram: unpointl Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Organización de Nacións e Pobos Non Representados (coñecida en inglés: Unrepresented Nations and Peoples Organization; UNPO) é unha organización internacional estabelecida para dar visibilidade a pobos e nacións non representados ou marxinalizados do mundo. Foi creada o 11 de febreiro de 1991[1][2] na Haia (Países Baixos). Os seus membros son pobos indíxenas, estados non recoñecidos, minorías étnicas, territorios ocupados e demais grupos sen representación internacional.

A Organización de Nacións e Pobos Non Representados traballa para desenvolver a comprensión e o respecto polo dereito de autodeterminación, achegando asesoramento e apoio relacionados con cuestións de recoñecemento internacional e autonomía política, capacitando a grupos sobre como defender as súas causas de maneira efectiva e avogando directamente por unha resposta internacional ás violacións dos dereitos humanos contra membros do grupo. Algúns antigos membros, como Armenia, Timor Leste, Estonia, Letonia, Xeorxia e Palau, conseguiron a independencia e son membros das Nacións Unidas.[3][4]

Principios[editar | editar a fonte]

A Carta da UNPO estabelece os cinco principios centrais da organización:

  • Non-violencia: os membros da UNPO deben resolver os seus conflitos de modo pacífico, rexeitando calquera uso do terrorismo.
  • Autodeterminación: os integrantes concordan que os pobos teñen igual dereito ao autogoberno.
  • Democracia: as entidades presentes na UNPO deben necesariamente ser democráticas e tolerantes.
  • Ecoloxismo: o respecto ao medio ambiente é unha política obrigatoria.
  • Dereitos humanos: as nacións da UNPO aceptan seguir os tratados e declaracións que protexen os dereitos do ser humano.

Tódolos membros deben asinar e acatar o Pacto da UNPO.[5] Os membros do UNpo deben ser non-violentos.[6]

Membros[editar | editar a fonte]

A continuación amósanse os membros actuais da UNPO.[7]

Os membros orixinais aparecen salientados cun fondo rosa e en letra grosa.

Membro Data de unión Representado por Ref
Flag of the Republic of Abkhazia.svg Abkhazia 6 de agosto de 1991 Ministerio de Asuntos Exteriores de Abkhazia [8]
Flag of Free Aceh Movement.svg Aceh 11 de febreiro de 1991 Fronte de Liberación Nacional de Aceh-Sumatra [9]
Flag of South Azerbaijan.svg Acerbaixán iraniano 2 de febreiro de 2007 Partido Democrático de Acerbaixán do Sur [10]
Afrikaner Vryheidsvlag.svg Pobo afrikaans 15 de maio de 2015 Fronte da Liberdade Plus [11]
Flag of Arabistan.svg Ahwazi 14 de novembro de 2003 Partido de Solidariedade Democrática de Ahwaz [12]
Flag of the Assyrians.svg Pobo asirio 6 de agosto de 1991 Alianza Asiria Universal [13]
Flag of Balochistan.png Baluchistán 1 de marzo de 2008 Partido Nacional de Baluchistán [14]
Flag of Balochistan.png Baluchistán Occidental 26 de xuño de 2015 Partido Nacional de Baluchistán [15]
Flag of Barotseland.svg Barotseland 23 de novembro de 2013 Alianza da Liberdade Nacional Barotse [16]
Pobo bellah 6 de xuño de 2017 Asociación Maliana pola Preservación da Cultura Bellah [17]
Biafra Biafra 31 de xullo de 2020 Movemento para a Actualización do Estado Soberano de Biafra [18][19]
Bretaña Bretaña 8 de xuño de 2015 Kelc’h An Dael [20]
Flag of Kabyle.svg Cabilia 6 de xuño de 2017 MAK-Anavad [21]
Cataluña Cataluña 14 de decembro de 2018 Assemblea Nacional Catalana [22]
Flag of the Chittagong Hill Tracts Shanti Bahini.svg Outeiros de Chittagong 6 de agosto de 1991 Parbatya Chattagram Jana Samhati Samiti [23]
Flag of the District of Columbia.svg Distrito de Columbia (Washington, DC) 4 de decembro de 2015 Delegación do Congreso do Movemento polo estado de D.C. [24]
Flag of the Crimean Tatar people.svg Pobo tártaro de Crimea 22 de febreiro de 1991 Milli Mejlis [25]
Flag of Balawaristan.svg Gilgit-Baltistán 20 de setembro de 2008 Alianza Democrática de Gilgit-Baltistán [26]
Guam Guam 31 de xullo de 2020 Goberno de Guam [18][19]
Pobo haratin 18 de setembro de 2011 Initiative de Résurgence du Mouvement Abolitionniste en Mauritanie [27]
Flagge Hmong ChaoFa.png Pobo hmong 2 de febreiro de 2007 Congreso Mundial do Pobo Hmong [28]
Flag of Kurdistan.svg Kurdistán iraniano 2 de febreiro de 2007 Partido Democrático do Kurdistán Iraniano e Partido Komala do Kurdistán Iraniano [29]
Flag of KKF.svg Khmer Krom 15 de xullo de 2001 Federación dos Khmers Kampuchea-Krom [30]
Flag of the Lezgi people.svg Pobo lezguio 7 de xullo de 2012 Autonomía Nacional e Cultural Federal Lezguia [31]
Flagge fan Madesj.png Madhesh 14 de outubro de 2017 Alianza polo Madhesh Independente [32]
Flag of South Moluccas.svg Molucas do Sur 6 de agosto de 1991 República das Molucas do Sur [33]
Flag of the Inner Mongolian People's Party.svg Mongolia Interior 2 de febreiro de 2007 Centro de Información dos Dereitos Humanos de Mongolia Interior [34]
Unofficial flag of Nagaland.svg Nagaland 23 de xaneiro de 1993 Consello Nacional Socialista de Nagaland [35]
Flag of Ogaden National Liberation Front(2).svg Ogaden 6 de febreiro de 2010 Fronte de Liberación Nacional de Ogaden [36]
Flag of the Ogoni people.svg Pobo ogoni 19 de xaneiro de 1993 Movemento pola Supervivencia do Pobo Ogoni [37]
Flag of the Oromo Liberation Front.svg Pobo oromo 19 de decembro de 2004 Fronte de Liberación Oromo [38]
Flag of Rehoboth-Basterland.svg Rehoboth Basters 2 de febreiro de 2007 Consello de Capitáns [39]
River Races de Zambesia 31 de xullo de 2020 Movemento para a Supervivencia dos River Races de Zambesia [18][19]
Flag of Savoie.svg Savoia 15 de xullo de 2014 Goberno Provisional do Estado de Savoia [40]
Flag of Sindhudesh.svg Sindhudesh 19 de xaneiro de 2002 Instituro Mundial Sindhi [41]
Somalilandia Somalilandia 19 de febreiro de 2004 Goberno de Somaliland [42]
Flagge fan Sûlû (Súdlike Filipinen).png Sulu 5 de xaneiro de 2015 Fundación Sulu de Nove Tribos Étnicas [43]
Taiwán Taiwán 11 de febreiro de 1991 Fundación Taiwán pola Democracia [44]
Flag of Tibet.svg Tíbet 11 de febreiro de 1991 Administració Central Tibetana [45]
Flag of Western Togoland.svg Togolandia Occidental 2017 Fundación do Grupo de Estudo da Patria [46]
Kokbayraq flag.svg Turquestán Oriental 11 de febreiro de 1991 Congreso Mundial Uigur [47]
Pobo yoruba 31 de xullo de 2020 Ilana Omo Oodua [18][19]

Liderado[editar | editar a fonte]

Secretarios xerais[48]

Nome Termo
Países Baixos Michael van Walt van Praag (Países Baixos) 1991–1998
Flag of Tibet.svg Tsering Jampa (Tíbet) 1997–1998
Helen S. Corbett (Aborixes australianos) 1998–1999
Kokbayraq flag.svg Erkin Alptekin (Uigures) 1999–2003
Italia Marino Busdachin (Italia) 2003–2018
Estados Unidos Ralph J. Bunche III (Estados Unidos) 2018–presente

Director executivo

Presidentes da Asemblea Xeral

  • Linnart Mäll – (Estonia) 1991–1993
  • Erkin Alptekin – (Uigures) 1993–1997
  • Seif Sharif Hamad – (Zanzíbar) 1997–2001
  • John J. Nimrod – (Asirios) 2001–2005
  • Göran Hansson – (Scania) 2005–2006
  • Ledum Mitee – (Ogoni) 2006–2010
  • Ngawang Choephel Drakmargyapon – 2010–2017
  • Nasser Boladai (dende 2017)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "UNPO World Statesman.org". Worldstatesman. Consultado o 7 de febreiro de 2012. 
  2. "About UNPO". UNPO. Consultado o 7 de febreiro de 2012. 
  3. Barbara Crossette, Those Knocking, Unheeded, at UN's Doors Find Champion, New York Times, 18 de decembro de 1994.
  4. Tishkov, Valerie, An Anthropology of NGOs Arquivado 29 de febreiro de 2012 en Wayback Machine., Eurozine, xullo de 2008
  5. "UNPO: UNPO Covenant". unpo.org. Consultado o 21 de decembro de 2019. 
  6. Bob, Clifford (2005). The Marketing of Rebellion: Insurgents, Media, and International Activism. Cambridge University Press. pp. 47–48, 76–77. 
  7. "Members". UNPO. Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  8. "UNPO: Abkhazia". unpo.org. 16 de febreiro de 2015. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  9. "UNPO: Acheh". unpo.org. 19 de xaneiro de 2018. Consultado o 24 de outubro de 2019. 
  10. "UNPO: Southern Azerbaijan". unpo.org. 31 de xaneiro de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  11. "UNPO: Afrikaners". unpo.org. 28 de xullo de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  12. "UNPO: Ahwazi". unpo.org. 9 de novembro de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  13. "UNPO: Assyria". unpo.org. 19 de xaneiro de 2018. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  14. "UNPO: Balochistan". unpo.org. 5 de abril de 2018. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  15. "UNPO: West Balochistan". unpo.org. 22 de agosto de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  16. "UNPO: Barotseland". unpo.org. 18 de agosto de 2015. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  17. "UNPO: Bellah People". unpo.org. 6 de xullo de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  18. 18,0 18,1 18,2 18,3 "UNPO Welcomes 5 New Members!". unpo.org. 3 de agosto de 2020. Consultado o 7 de agosto de 2020. 
  19. 19,0 19,1 19,2 19,3 "Guam: Territory to be Inducted into UNPO". unpo.org. 31 de xullo de 2020. Consultado o 7 de agosto de 2020. 
  20. "UNPO: Brittany". unpo.org. 8 de xullo de 2015. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  21. "UNPO: Kabylia". unpo.org. 6 de xullo de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  22. "UNPO: UNPO Welcomes the Assemblea Nacional Catalana as its Newest Member". unpo.org. 10 de xaneiro de 2019. Consultado o 31 de xaneiro de 2019. 
  23. "UNPO: Chittagong Hill Tracts". unpo.org. 31 de maio de 2018. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  24. "UNPO: District of Columbia (Washington, DC)". unpo.org. 4 de decembro de 2015. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  25. "UNPO: Crimean Tatars". unpo.org. 19 de outubro de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  26. "UNPO: Gilgit Baltistan". unpo.org. 11 de setembro de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  27. "UNPO: Haratin". unpo.org. 10 de abril de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  28. "UNPO: Hmong". unpo.org. 17 de xullo de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  29. "UNPO: Iranian Kurdistan". unpo.org. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  30. "UNPO: Khmer-Krom". unpo.org. 30 de xaneiro de 2018. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  31. "UNPO: Lezghin". unpo.org. 19 de outubro de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  32. "UNPO: Madhesh". unpo.org. 31 de outubro de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  33. "UNPO: South Moluccas". unpo.org. 25 de marzo de 2008. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  34. "UNPO: Southern Mongolia". unpo.org. 25 de marzo de 2008. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  35. "UNPO: Nagalim". unpo.org. 17 de setembro de 2018. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  36. "UNPO: Ogaden". unpo.org. 12 de febreiro de 2010. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  37. "UNPO: Ogoni". unpo.org. 11 de setembro de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  38. "UNPO: Oromo". unpo.org. 12 de febreiro de 2015. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  39. "UNPO: Rehoboth Basters". unpo.org. 11 de febreiro de 2015. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  40. "UNPO: Savoy". unpo.org. 8 de xulllo de 2015. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  41. "UNPO: Sindh". unpo.org. 6 de febreiro de 2018. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  42. "UNPO: Somaliland". unpo.org. 1 de febreiro de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  43. "UNPO: Sulu". unpo.org. 5 de xaneiro de 2015. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  44. "UNPO: Taiwan". unpo.org. 19 de xullo de 2018. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  45. "UNPO: Tibet". unpo.org. 23 de maio de 2018. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  46. "UNPO: Western Togoland". unpo.org. 15 de novembro de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  47. "UNPO: East Turkestan". unpo.org. 16 de decembro de 2015. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  48. "Worldstatesmen International Organizations". Worldstatesman. Consultado o 9 de xullo de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]