Saltar ao contido

Tiranosauro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Tyrannosaurus rex»)
Tiranosauro
Tyrannosaurus
Henry Fairfield Osborn 1905 Editar o valor en Wikidata
 Nome común
تيرانوصور (ar)  
Tiranossauro (pt)  
Тираннозавр (ru)  
Tyranozaur (pl)  
റ്റിറാനോസാറസ്‌ റക്സ്‌ (ml)  
Тиранозавр (os)  
Tiranozauri (lv)  
tiranozaver (sl)  
ไทรันโนซอรัส เร็กซ์ (th)  
ንጉሥ አምባገነን እንሽላሊት (am)  
Тираносаурус (sr)  
暴龍屬 (zh)  
Тиранозавр (uk)  
暴龍 (zh)  
Тѷранносаѵръ (cu)  
Tiranozauras (lt)  
ティラノサウルス属 (ja)  
Tiranosaure (ca)  
Τυραννόσαυρος (el)  
Tiranosaor (br)  
Tiranuozaurs (sgs)  
Тиранозавър (bg)  
티라노사우루스 렉스 (ko)  
Tiranosaŭro (eo)  
Tyrannilisko (fi)  
Gramedla (is)  
Tiranosaurio (es)  
Tiranosaur (hr)  
Tyrannosaure (fr)  
טירנוזאוריים (he)  
टायरानोसौरस (hi)   Editar o valor en Wikidata
Diagrama de tamaño
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Características
 Fonte de alimentación
 Sinonimia
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseReptilia
OrdeSaurischia
FamiliaTyrannosauridae
SubfamiliaTyrannosaurinae
XéneroTyrannosaurus Editar o valor en Wikidata
Osborn, 1905 Tyrannosaurus Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Lonxitude
   12 m Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de comezo
hai 68 millóns de anos Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
hai 66 millóns de anos Editar o valor en Wikidata
 Período
 Período de aparición
Localización
 Lugar de descuberta
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/07hjh Editar o valor en Wikidata
OTT664348 Editar o valor en Wikidata
EOL4433634 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O tiranosauro[1][2] (Tyrannosaurus; que significa literalmente "réptil tirano")[3] é un xénero extinto de dinosauro terópodo do clado dos coelurosauros. A especie Tyrannosaurus rex (onde rex quere dicir "rei" en latín), tamén chamada T. rex ou coloquialmente T-Rex, é unha das máis coñecidas dos grandes terópodos. O tiranosauro habitou no que no presente é o oeste de América do Norte, e que outrora era unha illa continente chamada Laramidia. Os tiranosauros tiñan unha distribución máis ampla ca outros tiranosáuridos. Descubríronse fósiles nunha gran variedade de formacións xeolóxicas que datan do Maastrichtiano, o sexto e último estrato do período Cretáceo, hai entre 68 e 66 millóns de anos. É o último membro coñecido dos tiranosáuridos, e está entre os últimos dinosauros non aviares que existiron antes da extinción dos dinosauros.

O Tyrannosaurus rex viviu durante o período Cretáceo, hai uns 67 millóns de anos. Fotografía do Field Museum of Natural History en Chicago, Illinois. Verán de 2005.

Como outros tiranosáuridos, o tiranosauro era un carnívoro bípede cunha gran cabeza equilibrada por unha longa e pesada cola. En relación coas súas grandes e poderosas extremidades traseiras, as extremidades dianteiras dos tiranosauros eran curtas mais poderosas para o seu tamaño, e tiñan dous díxitos rematados en gadoupa. O espécime máis completo mide 12,3 m de lonxitude polo que se cre que o T. rex podía chegar a medir máis de 12,8 m,[4] até os 3,66 m de alto até os cadrís, e segundo as estimacións máis modernas podía pesar entre 8,4 e 14 toneladas de peso. Aínda que outros terópodos rivalizaban ou superaban ó Tyrannosaurus rex en tamaño, está entre os depredadores terrestres coñecidos máis grandes e crese que tiñan a trabada máis forte de tódolos animais terrestres. Sendo de lonxe o carnívoro máis grande do seu ambiente, o Tyrannosaurus rex era un superdepredador, depredando hadrosáuridos, herbívoros con armaduracomo ceratopsios e Ankylosauria, e posiblemente saurópodos. Algúns expertos suxeriron que o dinosauro era principalmente un preeiro. A cuestión sobre se o tiranosauro era un superdepredador ou un preeiro puro é un dos meirandes debates da paleontoloxía. A maioría dos paleontólogos aceptaron que o tiranosauro era tanto un depredador activo como un preeiro.

Identificáronse máis de cincuenta grandes espécimes de Tyrannosaurus rex, algúns dos cales son esqueletos case completos. Restos de tecido mol e proteínas foron rexistrados en cando menos un dos espécimes. A abundancia de material fósil permitiu unha investigación significativo en moitos aspectos da súa bioloxía, incluíndo o seu desenvolvemento e a súa biomecánica. Os hábitos de alimentación, a fisioloxía e a velocidade potencial do Tyrannosaurus rex son algúns dos temas de debate. A súa taxonomía tamén é controvertida, xa que algúns expertos consideran o Tarbosaurus bataar de Asia como unha segunda especie de tiranosauro, mentres que outros manteñen o Tarbosaurus como un xénero separado. Diversos xéneros de tiranosáuridos de América do Norte tamén foron sinonimizados co Tyrannosaurus.

Como o terópodo máis arquetípico, o tiranosauro é un dos dinosauros máis coñecidos dende comezos do século XX, aparecendo en numerosos filmes, anuncios, selos postais e diversos outros medios.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O paleontólogo estadounidense Henry Fairfield Osborn acuñou o nome xenérico Tyrannosaurus, que significa "lagarto tirano",[4] xustificando a escolla do nome polo feito de que, naquel momento, Tyrannosaurus era, de lonxe, o animal carnívoro máis grande coñecido.[5]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tiranosauro.
  2. Definición de tiranosauro no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. Online Etymology Dictionary (ed.). Tyrannosaurus.
  4. 1 2 Duran, Xavier (1 de marzo de 2022). "El temible tiranosaure no era una sola espècie, sinó tres: rei, reina i emperador". 3cat.cat (en catalán). Consultado o 28 de xullo de 2025.
  5. Osborn (1905), p. 259.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.