Maastrichtiano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

O Maastrichtiano é, na escala de tempo xeolóxica da Comision Internacional de Estratigrafía (ICS), a última idade (e o piso máis alto) do Cretáceo tardío (época) ou Cretáceo superior (serie), do período xeolóxico ou sistema do Cretáceo, correspondente á era ou eratema do Mesozoico. Abrangue o intervalo desde hai 72,1 a 66 millóns de anos. O Maastrichtiano foi precedido polo Campaniano e sucedido polo Daniano (xa parte do Paleoxeno, concretamente do Paleoceno).[1]

Ao final do Cretáceo houbo unha extinción en masa coñecida como extinción do Cretáceo-Paleoxeno, (antes coñecida como do Cretáceo-Terciario).[2] Nesta extinción desapareceron moitos grupos como os dinosauros non aviarios, plesiosauros e mosasauros, e outros moitos grupos menos coñecidos. A causa da extinción vincúlase xeralmente ao impacto contra a Terra dun asteroide duns 10 km de diámetro, que tivo lugar ao final do Cretáceo.

Definicións estratigráficas[editar | editar a fonte]

Solo de tipo rendzina nas calcarias maastrichtianas en Parque Paisaxístico de Kozubów, Polonia

Definición[editar | editar a fonte]

O Maastrichtiano foi introducido na literatura científica polo xeólogo belga André Hubert Dumont en 1849, despois de estudar estratos do grupo Chalk preto da cidade holandesa de Maastricht. Estes estratos son agora clasificados como Formación Maastricht (os nomes da formación e do piso derivan do nome da cidade. A Formación Maastricht é coñecida por certos fósiles desta idade, principalmente polo réptil mariño xigante Mosasaurus, que á súa vez deriva o seu nome do río Mosa/Meuse/Maas (mosa é o nome latino do río).

A base do piso Maastrichtiano está situada na primeira aparición da especie de ammonitas Pachydiscus neubergicus. Despois, viuse que na localidade tipo orixinal preto de Maastricht, o rexistro estratigráfico era incompleto. Sinalouse un perfil de referencia para a base nunha sección ao longo do río Ardour chamada Grande Carrière, preto da vila de Tercis-les-Bains no sueste de Francia.[3] O extremo superior do piso Maastrichtiano é definido como a anomalía do iridio no límite Cretáceo–Paleoxeno (límite K–Pg), que tamén está caracterizado pola extinción de moitos grupos de organismos, como certos foraminíferos e nanoplancto calcario, todos os ammononitas e belemnitas, e, en terra, os dinosauros e outros grupos.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

O Maastrichtiano é comunmente subdividido en dous subpisos (superior e inferior) e tres biozonas de ammonitas. As biozonas son (de máis nova a máis antiga):

O Maastrichtiano é máis ou menos contemporáneo da idade dos mamíferos terrestres norteamericanos do Lanciano.

Paleontoloxía[editar | editar a fonte]

Fósil de Hemipneustes leymeriei Museo de Toulouse

Aves[editar | editar a fonte]

Existían varias liñaxes de aves modernas, aínda que moitas eran liñaxes que diferían profundamente dos seus parentes de hoxe en día e non son os seus antepasados, pero extinguíronse no Cenozoico. Por exemplo, Vegavis iaai indica que polo menos había caro liñaxes de Anseriformes: Anhimidae, Anatidae, Anseranatidae e Presbyornithidae (e posiblemente Dromornithidae), e que había polo menos unha liñaxe de Galliformes tamén, e aparentemente os Gastornithiformes tamén se diferfenciaran. Tamén é moi probable que houbese polo menos unha, e probablemente varias, liñaxes de Charadriiformes, e que os pingüíns estivesen a punto de separarse dos seus parentes máis próximos se é que non o fixeran xa, e que se as Metaves son un grupo válido, presumiblemente xa se terían separado. Ademais, as paleognatas eran, por suposto, moi distintas das neognatas.

Pterosauros[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente, as faunas de pterosauros do Maastrichtiano considerábanse dominadas polos azhdárquidos, e outros grupos de pterosauros teríanse extinguido anteriormente. Porén, descubrimentos máis recentes suxiren unha diversidade de pterosauros bastante maior: polo menos había dous nictosauros, uns poucos pteranodóntidos e Navajodactylus, que provisionalmente se asignou aos Azhdarchidae, e carece de todas as sinapomorfías do grupo.[4][5] Isto serve para subliñar unha maior diversidade dos pterosauros terminais do Cretáceo da que previamente se pensaba.[6][7]

Flora[editar | editar a fonte]

Paisaxe maastrichtiana

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ver a escala de tempo de Gradstein et al. (2004)
  2. O termo Terciario é agora desaconsellado como unidade xeolóxica formal pola ICS. Ogg, James G.; Gradstein, F. M; Gradstein, Felix M. (2004). A geologic time scale 2004. Cambridge, UK: Cambridge University Press. ISBN 0-521-78142-6. }}
  3. A GSSP (Global Boundary Stratotype Section and Point) é descrita por Odin (2001); Odin & Lamaurelle (2001)
  4. Wilton, Mark P. (2013). Pterosaurs: Natural History, Evolution, Anatomy. Princeton University Press. ISBN 0691150613.
  5. Barrett, P. M., Butler, R. J., Edwards, N. P., & Milner, A. R. (2008). Pterosaur distribution in time and space: an atlas. Zitteliana: 61-107.[1]
  6. Carroll, N. REASSIGNMENT OF MONTANAZHDARCHO MINOR AS A NON-AZHDARCHID MEMBER OF THE AZHDARCHOIDEA, SVP 2015
  7. Federico L. Agnolin and David Varricchio (2012). "Systematic reinterpretation of Piksi barbarulna Varricchio, 2002 from the Two Medicine Formation (Upper Cretaceous) of Western USA (Montana) as a pterosaur rather than a bird" (PDF). Geodiversitas 34 (4): 883–894. doi:10.5252/g2012n4a10.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gradstein, F.M.; Ogg, J.G. & Smith, A.G.; 2004: A Geologic Time Scale 2004, Cambridge University Press.
  • Odin G.S.; 2001: Numerical age calibration of the Campanian-Maastrichtian succession at Tercis-les-Bains (Landes, France) and in the Bottaccione Gorge (Italy), in: Odin G.S. (ed.): Characterisation and correlation from Tercis-les-Bains (Landes, SW France) to Europe and other continents, IUGS Special Publication (Monograph) Series 36; Developments in Palaeontology and Stratigraphy 19, Elsevier, p. 775-782.
  • Odin, G.S. & Lamaurelle, M.A.; 2001: The global Campanian-Maastrichtian stage boundary, Episodes 24(4), pp 229–238.
  • Weishampel, D.B.; Barrett, P.M.; Coria, R.A.; Le Loueff, J.; Xu, X.; Zhao, X.; Sahni, A.; Gomani, E.M.P. & Noto, C.N.; 2004: Dinosaur distribution, in: Weishampel, D.B.; Dodson, P. & Osmólska, H. (eds.): The Dinosauria, University of California Press, Berkeley (2nd ed.), ISBN 0-520-24209-2, pp 517–606.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]