Tympanuchus phasianellus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tympanuchus phasianellus

Tympanuchus phasianellus macho
exhibíndose durante a parada nupcial
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Galliformes
Familia: Phasianidae
Subfamilia: Tetraoninae
Xénero: Tympanuchus
Especie: T. phasianellus
Nome binomial
Tympanuchus phasianellus
(Linnaeus, 1758)
Área de distribución de T. phasianellus
Área de distribución de T. phasianellus

Área de distribución de T. phasianellus
Femia.

Tympanuchus phasianellus é unha especie de ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, unha das tres que compoñen o xénero Tympanuchus.

Propia de Norteamérica, distribúese desde Alasca e o norte do Canadá até o centro dos Estados Unidos.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae,[2] co nome de Tetrao phasianellus.[3][4]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, véxase Tympanuchus.

O epíteto específico, phasianellus, é un diminutivo do latín científico de phasiānus, 'faisán'. Literalmente '(que semella un) pequeno faisán'.

Sinónimo[editar | editar a fonte]

  • Tetrao phasianellus Linnaeus 1758.[4]

Subespecies[editar | editar a fonte]

Na actualidade o ITIS recoñece nestaa especie as seguintes sete subespecies.[2]

(Indícanse as súas respectivas áreas de distribución).[4]

Porén, a subespecie T. p. hueyi rexistrouse por última vez en 1952 e hoxe considérase extinta.[4][5]

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

O seu hábitat natural son as áreas abertas: praderías, estepas arbustivas, sabanas e bosques con árbores moi dispersas.[6][7]

A súa área de distribución esténdese desde o centro de Alasca e o Yukón até o oeste do Quebec, polo norte, chegando até as grandes chairas do centro dos Estados Unidos. Nos Estados Unidos continentais perdeu gran parte da súa área de distribución orixinal, especialmente no suroeste do seu hábitat histórico. Porén, en Idaho e Utah, as cifras da súa poboación están aumentando desde a década de 1980.[6][7]

A especie sufriu unha diminución pequena, estatisticamente insignificante, nos últimos 40 anos en América do Norte (datos de Breeding Bird Survey e/ou Christmas Bird Count: Butcher and Niven 2007).[8] Porén, hai que ter en conta que estas enquisas cobren menos do 50 % da área da especie en América do Norte.[1]

Costumes[editar | editar a fonte]

Un dos aspectos máis famosos dos costumes destas aves é o ritual de apareamento de tipo lek, agrupación de macho adultos que se xuntan para faceren exibicións competitivas con vistas a convenceren ás femias visitantes que están á procura de posíbeis compañeiros para a copulación.[9]

Status[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais considera que a especie ten unha área de distribución moi grande e, polo tanto, non se acerca ao limiar do status de vulnerábel, segundo o criterio de tamaño de área (extensión de máis de 20 000 km2 combinado cun tamaño de dispersión decrecente ou flutuante, extensión/calidade do hábitat ou tamaño de poboación). A pesar de que a tendencia da poboación parece estar diminuíndo, non se cre que a diminución sexa o suficientemente rápida como para acercarse aos limiares de vulnerábel. O tamaño da poboación é moi grande (máis de 10 000 individuos maduros, cunha diminución continua estimada no 10 % en dez anos ou tres xeracións, polo que a especie á avaliada como LC (pouco preocupante).[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 BirdLife International (2018): Tympanuchus phasianellus na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 15 de marzo de 2019.
  2. 2,0 2,1 Tympanuchus phasianellus (Linnaeus, 1758) no ITIS.
  3. páxina 160 do tomo I do Systema Naturae linneano.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Sharp-tailed Grouse. Tympanuchus phasianellus (Linnaeus, 1758) en Avibase.
  5. Merrill, G. W. (1967): "Plains Sharp-tailed Grouse". En: W. S. Huey (ed.), New Mexico wildlife management, Santa Fe, NM: New Mexico Department of Game and Fish.
  6. 6,0 6,1 del Hoyo, J., Elliott, A. & Sargatal, J. 1994.
  7. 7,0 7,1 del Hoyo, J. et al. 2014.
  8. Butcher, G. S., D. K. Niven, and J. R. Sauer (2008): "Forty-year Decline of Grassland Birds in North America". Presentation at Partners in Flight 4th International Conference, McAllen, TX.
  9. Fiske, P.; Rintamaki, P. T. & Karvonen, E. (1088): "Mating success in lekking males: a meta-analysis". Behavioral Ecology 9: 328–338.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • del Hoyo, J., Elliott, A. & Sargatal, J. (1994): Handbook of the Birds of the World. Vol. 2: New World Vultures to Guineafowl. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6.
  • del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A. & Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona: Lynx Edicions / Cambridge, UK: BirdLife International. ISBN 978-84-9655-394-1.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]