Turnix suscitator
Turnix suscitator | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Turnix suscitator' (Gmelin, 1789) | |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
Véxase texto. |
Turnix suscitator é unha especie de ave turniciforme da familia Turnicidae que habita no sur de Asia.
Descrición
[editar | editar a fonte]
É unha das especies máis pequenas do seu xénero. Ten a forma típica dos Turnix, con plumaxe parda avermellada na parte superior con pintas claras e anteada na inferior, densamente veteada en negro o peito e a gorxa. A femia é de maior tamaño, coas partes inferiores veteadas en branco e negro e cunha mancha negra na garganta e parte superior do peito. As súas patas e peteiro son de cor gris azulada e o iris dos seus ollos é esbrancuxado amarelado. Aliméntase de insectos e é remiso a botarse a voar.
Distribución
[editar | editar a fonte]Atópase no subcontinente indio, o sueste asiático até as Filipinas polo leste, as illas da Sonda polo sur, estando presente en todas as illas maiores salvo Borneo. Atópase na maior parte da India e Sri Lanka,[2] rodeando o Himalaia até altitudes de 2500 m, e tamén no sur de China.
Encóntrase na maior parte do hábitat da rexión salvo nos bosques densos e os desertos, e tamén está presente nos campos de cultivo.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Recoñécense as seguintes subespecies segundo unha orde filoxenética da lista do Congreso Ornitolóxico Internacional:[3]
- T. s. plumbipes (Hodgson, 1837) - Nepal, nordeste da India e norte de Birmania
- T. s. bengalensis (Blyth, 1852) - Centro e sur de Bengala (nordeste da India)
- T. s. taigoor (Sykes, 1832) - India (excepto anteriores)
- T. s. leggei (Baker, ECS, 1920) - Sri Lanka
- T. s. okinavensis (Phillips, AR, 1947) - Sur de Kyushu até as Ryukyu (Xapón)
- T. s. rostratus (Swinhoe, 1865) - Taiwán
- T. s. blakistoni (Swinhoe, 1871) - Leste de Birmania até sur da China e norte de Indochina
- T. s. pallescens (Robinson & Baker, ECS, 1928) - Sur e centro de Birmania
- T. s. thai (Deignan, 1946) - Noroeste e centro de Tailandia
- T. s. interrumpens (Robinson & Baker, ECS, 1928) - Sur de Birmania e Tailandia
- T. s. atrogularis (Eyton, 1839) - Península Malaia
- T. s. suscitator (Gmelin, JF, 1789) - Sumatra, Xava, Bawean, Belitung, Bangka e Balí
- T. s. powelli (Guillemard, 1885) - Lombok até Alor (illas menores da Sonda)
- T. s. rufilatus (Wallace, 1865) - Célebes
- T. s. haynaldi (Blasius, W, 1888) - Palawan e illas próximas (oeste de Filipinas)
- T. s. fasciatus (Temminck, 1815) - Luzón, Mindoro, Masbate, Sibuyán (norte de Filipinas)
- T. s. nigrescens (Tweeddale, 1878) - Cebú, Guimarás, Negros, Panay (Filipinas)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Turnix suscitator". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2014.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 7 de decembro de 2013.
- ↑ Ali, Salim; J C Daniel (1983). The book of Indian Birds, Twelfth Centenary edition. Nova Delhi: Bombay Natural History Society/Oxford University Press.
- ↑ GILL, F.; DONSKER, D. (Eds.) (2013). Shorebirds & allies. IOC World Bird List (v.3.5).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Birds of India by Grimmett, Inskipp and Inskipp, ISBN 0-691-04910-6
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Turnix suscitator |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Turnix suscitator ![]() |
- BirdLife Species Factsheet Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
- Barred Buttonquail videos, photos & sounds on the Internet Bird Collection