O Tratado de Aquisgrán de 1748, tamén chamado Tratado de Aquisgrán ou Tratado de Aachen ou de Aix-La Chapelle foi asinado en Aquisgrán o 18 de outubro de 1748, ao remate das negociacións que comezaron o 24 de abril do mesmo ano, e que puxo fin á Guerra de sucesión austríaca.[1]
En base ao Tratado de Aquisgrán, que puxo fin ao conflito, confirmouse a Pragmática Sanción de 1713 e recoñeceuse a parella imperial formada por María Teresa e Francesco Stefano di Lorena. Francia devolveu os Países Baixos do Sur (é dicir, a actual Bélxica) a Austria e aceptou o restablecemento do status quo nos territorios de ultramar (intercambio de Madrás coa Fortaleza de Louisbourg; extensión por catro anos do asiento a favor da Gran Bretaña). O estado que obtivo maior vantaxe foi Prusia, que se anexionou definitivamente a rica rexión de Silesia, arrincada de Austria. O tratado tamén atribuía:
http://gallica.bnf.fr/ark:/12148/btv1b8625375d/f1"Traité de paix entre le Roi, le Roi de la Grande Bretagne, et les Etats genéraux des Provinces-unies des Pays-Bas, conclu à Aix-la-Chapelle le 18 octobre 1748; avec les accessions du Roi Catholique de la Reine de Hongrie et de Bohême, impératrice, du Roi de Sardaigne, du Duc de Modène et de la République de Gênes"