Saltar ao contido

Trastorno de personalidade antisocial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Trastorno de personalidade antisocial
En 1904, Emil Kraepelin analizou cientificamente por primeira vez tipos de personalidades semellantes ao do trastorno de personalidade antisocial e que serviron como base para a creación deste diagnóstico.[1]
SinónimosPsicopatía; trastorno de personalidade sociopática
EspecialidadePsiquiatría
SíntomasIncapacidade para adaptarse ás normas sociais que involucran aspectos legais, tendencia a mentir de maneira crónica, manipulación e engano, impulsividade, irritabilidade e agresividade, desprezo pola seguridade propia e dos demais
ComplicaciónsProblemas legais, encarceramento, abuso de substancias, relacións interpersonais problemáticas
Inicio habitualNormalmente notado na adolescencia
CausasFactores xenéticos, familiares e ambientais
Factores de riscoHistoria familiar de trastornos de personalidade ou outros trastornos psiquiátricos, experiencias de abuso, desatención, neglixencia durante a infancia, desenvolvemento anormal da personalidade, etc. Hai correlación entre o consumo de algunhas drogas, como a cocaína e o trastorno de personalidade antisocial.
DiagnósticoAvaliación clínica, criterios do DSM-5 ou ICD-10
Condicións semellantesTrastorno de conducta, trastorno límite de personalidade, trastorno narcisista de personalidade
PrevenciónTerapias familiares e de comportamento temperás
TratamentoTerapia cognitivo-conductual, medicación (en casos de síntomas específicos, como trastorno explosivo intermitente), programas de modificación de conducta
MedicaciónAntipsicóticos, antidepresivos (en función dos síntomas concomitantes)
PrognoseVariábel; o trastorno pode mellorar con tratamento, pero é crónico
FrecuenciaEstímase que afecta a entre o 0.5% e 3% das persoas
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Persoas co trastorno de personalidade antisocial frecuentemente posúen histórico de abuso de substancias, especialmente alcohol.[2]
Xa está comprobado que os individuos diagnosticados como psicópatas teñen máis probabilidades de reincidir en crimes e polo tanto deberían ser ben vixiados.[3]
As persoas co trastorno psicopático, durante o período da infancia, sofren de neglixencias e autoritarismo por parte dos seus coidadores, séntese profundamente illados e tenden á introversión.[4]
Maltratar animais é un importante indicativo de psicopatía.[5]
Xa foi comprobado que a serotonina ten un papel importante no control da agresividade, impulsividade e comportamento antisocial tanto en humanos como noutros animais.[6]
A pesar de ser manipuladores, os psicópatas teñen máis dificultade para identificar expresións faciais[7] e verbais [8] que as persoas sen este trastorno.
A pesar de cometer máis crimes, ser máis violentos e ter maior índice de reincidencia, os psicópatas reciben a liberdade condicional con máis frecuencia que outros presos.[9]

O trastorno de personalidade antisocial (TPA), referido tamén coma sociopatía ou, erroneamente, coma psicopatía, é un trastorno de personalidade caracterizado por unha capacidade limitada da empatía, así coma por comportamentos impulsivos e un patrón de indiferenza aos dereitos e sentimentos alleos. Na Clasificación Internacional de Doenzas, este trastorno é denominado trastorno de personalidade disocial (Código: F60.2).[10]

Na poboación en xeral, as taxas deste trastorno de personalidade poden variar do 0,5% ao 3%, subindo para o 45-66% entre presidiarios.[11]

Características

[editar | editar a fonte]

A psicopatía está caracterizada principalmente pola ausencia de empatía con outros seres vivos, resultando en desatención do benestar do próximo e en serios prexuízos para os que conviven con eles. Ese desvío de carácter acostuma irse estruturando desde a infancia. Por iso, na maioría dos cosas, algúns dos seus síntomas poden ser observados nesta fase ou na adolescencia, por medio de comportamentos agresivos que, durante estes períodos, son denominados de trastornos de conduta. A maioría destas persoas teñen unha familia desestruturada ou tiveron unha infancia difícil, e cando chegan á fin da adolescencia ou inicio da fase adulta, repiten os comportamentos violentos, sen empatía, interesados e egoístas que presenciaron na infancia. Conforme se torna adulto o trastorno tende a cronificarse e causar cada vez máis prexuízos na vida do propio individuo e especialmente de quen convive con el.[12]

Na psicanálise tal comportamento é característico das estruturas ligadas as modalidade de perversión, que difiren das neuroses e das psicoses. Os individuos con este diagnóstico son usualmente chamados sociópatas e psicópatas segundo definición da propia CID-10:

Trastorno de personalidade caracterizado por un desprezo das obrigacións sociais, falta de empatía para cos outros. Hai un desvío considerable entre o comportamento e as normas sociais estabelecidas. O comportamento non é facilmente modificado polas experiencias adversas, inclusive polas punicións. Existe unha baixa tolerancia á frustración e un baixo limiar de descarga da agresividade, inclusive da violencia. Existe unha tendencia a culpar os outros ou a fornecer racionalización plausibles para explicar un comportamento que leva o suxeito a entrar en conflito coa sociedade.[10]

Un egocentrismo patolóxico, unha incapacidade de sentir amor ou afección, unha vida sexual impersoal ou pobremente integrada e unha incapacidade de seguir algún plano de vida tamén fan parte das súas características.[13]

Diagnóstico

[editar | editar a fonte]

Os criterios diagnósticos polo DSM-IV-TR son:[14]

A. Un padrón invasivo de falta de respecto e violación dos dereitos dos outros, que ocorre desde a adolescencia, como indicado por polo menos tres dos seguintes criterios:

  1. Fracaso en conformarse ás normas sociais con relación a comportamentos legais, indicado pola execución repetida de actos que constitúen motivo de detención.
  2. Impulsividade ou fracaso en facer planos para o futuro.
  3. Irritabilidade e agresividade, indicadas por repetidas loitas corporais ou agresións físicas.
  4. Ausencia de responsabilidade pola seguranza propia ou allea.
  5. Irresponsabilidade consistente, indicada por un repetido fracaso en manter un comportamento laboral serio ou honrar obrigacións financeiras.
  6. Ausencia de remorso, indicada por indiferenza ou racionalización por ter ferido, maltratado ou roubado outra persoa.
  7. Tendencia para enganar, como mentir repetidamente, usar nomes falsos ou mofarse de xente para obter vantaxes persoais ou pracer.

B. Existen evidencias de trastorno de conduta con inicio antes dos 15 anos de idade.

C. A ocorrencia do comportamento antisocial non se dá exclusivamente durante o curso de esquizofrenia ou episodio maníaco.

Importante notar que o termo antisocial, na psiquiatría, non significa (como rutineiramente acostuma ser entendido) un tipo de inhibición social, timidez ou o feito de ser introvertido/reservado, mais si, actitudes contrarias ás regras da sociedade. No caso de timidez patolóxica os diagnósticos usados na psiquiatría contemporánea poden ser, entre outros, de trastorno de personalidade esquiva, fobia social ou trastornos de ansiedade.

As características dos sociópatas engloban, principalmente, o desprezo polas obrigacións sociais e a falta de consideración polos sentimentos dos outros. Posúen un egocentrismo esaxeradamente patolóxico, emocións superficiais, teatrais e falsas, pobre ou ningún control da impulsividade, baixa tolerancia para a frustración, baixo limiar para descarga de agresión, irresponsabilidade, falta de empatía cos outros seres humanos, ausencia de sentimentos de remorso e de culpa en relación ao seu comportamento. Estas persoas xeralmente son cínicas, manipuladoras, e incapaces de manter unha relación leal e duradeira.

Menten esaxeradamente sen ningunha vergoña, subestiman a insensatez das mentiras, rouban, abusan, trampean, manipulan dolosamente os seus familiares e parentes, colocan en risco a vida doutras persoas e non senten pena das súas vítimas. Este conxunto de características fai que os sociópatas dificilmente consigan aprender con castigos e modifiquen as súas actitudes.

Test de psicopatía de Hare (PCL-R)

[editar | editar a fonte]

Para diagnosticar unha persoa con psicopatía, Robert Hare desenvolveu un famoso test psicolóxico, para ser aplicado por psicólogos e psiquiatras. Os seus criterios diagnósticos abranguen os recursos afectivos, interpersoais e comportamentais. Cada elemento é avaliado cunha nota de cero (ausente ou leve), un (moderada) ou dous (grave). A suma total determina o grao de psicopatía dunha persoa.[15]

Factor 1
Narcisismo agresivo
  1. Sedutora / Atracción superficial
  2. Grandioso sentido de autoestima
  3. Mentira patolóxica
  4. Astucia / Manipulación
  5. Falta de remorso ou culpa
  6. Superficialidade emocional
  7. Insensibilidade / Falta de empatía
  8. Falla en aceptar a responsabilidade por accións propias
Factor 2
Estilo de vida socialmente desviantes
  1. Necesidade por estimulación / tendencia ao tedio
  2. Estilo de vida parasitarias
  3. Falta de metas de longo prazo realistas
  4. Impulsividade
  5. Irresponsabilidade
Factor 3
Estilo de comportamentos irresponsables
  1. Control comportamental pobre*
  2. Versatilidade criminal*
  3. Delincuencia xuvenil*
  4. Problemas comportamentais precoces*
  5. Revogación da liberdade condicional*
Trazos non correlacionados con ambos factores
  1. Varias relacións conxugais de curta duración
  2. Promiscuidade

Unha nota elevada no Factor 2 está asociado con reacción agresiva, ansiedade, elevado risco de suicidio, criminalidade e violencia por impulsividade. Unha nota elevada no Factor 1 por outro lado indica unha mellor habilidade para convivir socialmente, baixa ansiedade, baixa empatía, baixa tolerancia a frustracións e baixa intención suicida, alén de estar asociado a éxito e benestar.

Os individuos con Factor 1 positivo xa foi considerado como adaptativo nun ambiente altamente competitivo, por obter resultados tanto para o individuo canto paras as corporacións,[16], porén moitas veces causan dano a longo prazo, tanto para os seus colegas de traballo como para a organización como un todo, debido ao seu comportamento manipulativo, enganoso, abusivo e, moitas veces fraudulento.[17] Alén diso, esas persoas xeralmente causan extremo sufrimento aos seus compañeiros amorosos e aos seus fillos.[18]

Os factores ambientais e psicolóxicos como condicións económicas precarias, familia desestruturada e histórico de violencia poden superar aos factores xenéticos na formación dos psicópatas. Existe gran número de psicópatas entre as poboacións carcerarias. Estes individuos vivenciaron, xeralmente, situacións de desamparo, desprezo e desafecto polas súas familias. Vivencias repletas de malos tratos, humillacións, abusos e máis unha serie de factores que, sumados, poden levar o individuo a unha desensibilización, a ser emocionalmente superficial e a repetir a violencia sufrida nas súas relacións sociais.[13]

Varios estudos mostran a asociación entre lesións pre-frontais e comportamentos impulsivos, agresividade e inadecuación social. Un individuo saudable presentando comportamentos dentro dos padróns normais despois de sufrir un accidente no que o córtex é atinxido, pode pasar a presentar comportamentos antisociais, ou sexa, unha sociopatía adquirida. Estes datos confirman o feito de que existe un compoñente cerebral no comportamento dos psicópatas.[19]

A diminución da masa gris na área pre-frontal, analizada por neuroimaxe, demostra que unha diminución do volume do hipocampo posterior e un aumento da materia branca do corpo caloso contribúen para o aparecemento de comportamentos máis agresivos.[20]

Comorbidades

[editar | editar a fonte]

Os portadores de trastornos de personalidade son máis susceptibles a presentar outros trastornos psiquiátricos. Estímase que o 80% das persoas con trastornos de personalidade sofren doutros problemas de saúde mental, como hiperactividade, depresión maior, trastornos de ansiedade e abuso de drogas.[21]

Existe tamén unha correlación entre o trastorno de personalidade antisocial con outros trastornos de personalidade de desvíos sociais, como trastorno de personalidade histriónica, o trastorno de personalidade narcisista e o trastorno de personalidade limítrofe.[22]

Tratamento

[editar | editar a fonte]

As formas máis comúns de medicamentos utilizados en pacientes de trastornos de personalidade son os neurolépticos, antidepresivos, litio, benzodiazepinas, anticonvulsivos e psicoestimulantes. Porén tratamentos con medicamentos revelaron ser ineficaces no tratamento de psicopatía, aínda que poucos estudos foron realizados adecuadamente [23]. Mesmo con poucas probas, os sales de litio son usados frecuentemente no tratamento de pacientes psicópatas, pois poden levar a unha redución nos comportamentos impulsivos, explosivos e na inestabilidade emocional. Os seus principais efectos colaterais son sedación, tremores e problemas motores.[24]

Hai indicativos de que a terapia cognitivo-comportamental poida ser un método eficaz no tratamento de trastornos de personalidade antisocial.[25] A American Psychiatric Association considera a terapia analítico-comportamental como o tratamento de regulación afectiva máis eficaz e empiricamente validado para trastornos de personalidade.[26]

As psicoterapias con pacientes con personalidade violenta en liberdade condicional reduciron os índices de reincidencia do 20 e 33% comparado co 40 a 52% dos grupos de control. Os autores conclúen que a personalidade dos pacientes non mudou, porén aprenderon a controlar mellor os seus impulsos e pensaron máis nas consecuencias dos seus actos.[27][28][29]

  1. Millon, Theodore (2002). Psychopathy: Antisocial, Criminal, and Violent Behavior. Guidford Press. pp. 3–18. ISBN 1-57230-864-8.
  2. Fountoulaskis KN, Leucht S, Kaprinis GS. Personality disorders and violence. Curr Opin Psychiatry. 2008;21(1):84-92. Review
  3. MORANA, H. C. Subtypes of antisocial personality disorder and the implications for forensic research: issues in personality disorder assessment. Internal Medicine, v.6, p. 187-99. 1999.
  4. DAS, J., RUITER, C.; DORELEIJERS, T. Reliability and validity of the Psychopathy Checklist: Youth Version in Dutch female adolescents. International Journal of Law and Psychiatry, v. 31, p. 219-228. 2008.
  5. McClellan, Janet (December 2007). "Animal Cruelty and Violent Behavior: Is There a Connection?". Journal of Security Education 2 (4): 29–45. doi:10.1300/J460v02n04_04.
  6. Gollan JK, Lee R, Coccaro EF (2005). "Developmental psychopathology and neurobiology of aggression". Development and Psychopathology 17 (4): 1151–71. PMID 16613435.
  7. Kosson DS, Suchy Y, Mayer AR, Libby J (December 2002). "Facial affect recognition in criminal psychopaths". Emotion 2 (4): 398–411. doi:10.1037/1528-3542.2.4.398. PMID 12899372.
  8. Blair RJ, Mitchell DG, Richell RA, et al. (November 2002). "Turning a deaf ear to fear: impaired recognition of vocal affect in psychopathic individuals". Journal of Abnormal Psychology 111 (4): 682–6. doi:10.1037/0021-843X.111.4.682. PMID 12428783.
  9. Porter, Stephen; Ten Brinke, Leanne; Wilson, Kevin (2009). "Crime profiles and conditional release performance of psychopathic and non-psychopathic sexual offenders". Legal and Criminological Psychology 14: 109. doi:10.1348/135532508X284310.
  10. 10,0 10,1 Organización Mundial de Saúde (OMS) (Ed.). Classificação de transtornos mentais e de comportamento da CID -10: Descrições clínicas e diretrizes diagnósticas. Porto Alegre: Artes Médicas, 1993.
  11. Marcos Hirata Soares. Estudos sobre transtornos de personalidade Antissocial e Borderline. Acta Paul Enferm 2010;23(6):852-8.
  12. KAPLAN, H. B.; SADOCK, B. J.; GREBB, J. A. Compêndio de psiquiatria: Ciências do comportamento e psiquiatria clínica. Porto Alegre: Artes Médicas, 2003.
  13. 13,0 13,1 GOMES, Cema Cardona e ALMEIDA, Rosa Maria Martins de. Psychopathy in men and women. Arq. bras. psicol. [online]. 2010, vol.62, n.1 [citado 2011-05-30], pp. 13-21 . Dispoñible en: <http://pepsic.bvsalud.org/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S1809-52672010000100003&lng=pt&nrm=iso>. ISSN 1809-5267.
  14. American Psychiatric Association (APA). Psychiatric Diagnosis and the Diagnostic Statistical Manual of Mental Disorders (Fourth Edition – DSM-IV). Fact Sheet. 1997;1-4.
  15. Hare, R. D. (2003). Manual for the Revised Psychopathy Checklist (2nd ed.). Toronto, ON, Canada: Multi-Health Systems.
  16. Babiak, P. Psychopathic manipulation in organizations: Pawns, patrons, and patsies
  17. Verona, E., Patrick, C. J., & Joiner, T. E. (2001). "Psychopathy, Antisocial Personality, and Suicide Risk". Journal of Abnormal Psychology 110 (3): 462–470. doi:10.1037/0021-843X.110.3.462. PMID 11502089.
  18. Hare, Robert D. Without Conscience: The Disturbing World of Psychopaths Among Us, (New York: Pocket Books, 1993) pg 2.
  19. RAINE, A.; BUCHSBAUMB, M. S.; STANLEY, J.; LOTTENBERG, S.; ABEL, L.; STODDARD, J. Selective reductions in prefrontal metabolism in murders. Society of Biological Psychiatry, v. 36, p. 365-373. 1994.
  20. BLAIR, R. J. Neurobiological basis of psychopathy. Journal of psychiatry, v. 182, n. 1, p. 5-7. 2003.
  21. Barnes I. Understanding the challenges of personality disorders. Can Nurs Home. 2007;18(1):28-32.
  22. Losel, Frederick (1997). "Treatment and management of psychopaths". In Cooke, DJ; Forth, AE; Hare, RD. Psychopathy: Theory, Research and Implications for Society (NATO Science Series D). Springer. p. 309. ISBN 0-7923-4919-9
  23. Sheard, M. H., Marini, J. L. & Bridges, C. I. (1976) The effect of lithium on unipolar aggressive behaviour in men. American Journal of Psychiatry, 133, 1409-1413.
  24. Stein, G. (1993) Drug treatment of the personality disorders. In Personality Disorder Reviewed (eds.Tyrer, P. & Stein, G.). London: Gaskell.
  25. Arntz A. Do personality disorders exist? On the validity of the concept and its cognitive-behavioral formulation and treatment. Behav Res Ther. 1999;37 Suppl 1:S97-134.
  26. American Psychiatric Association. Treating personality disorder: a quick reference guide. Washington:American Psychiatric Association; 2004.
  27. Carney, F. L. (1981) Residential treatment programs for antisocial personality disorders. In The Treatment of Antisocial Syndromes (ed. W. H. Reid). Van Nostrand Reinhold.
  28. Copas, J. B. & Whiteley, S. (1976) Predicting success in the treatment of psychopaths. British Journal of Psychiatry, 129, 388-392.
  29. Cullen, E. (1992) The Grendon reconvictoin study. Unpublished document, Psychology Department, HMP Grendon.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]