Traballos e días

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Comezo de Traballos e días (folio 3Av/4Ar).

Traballos e días (en grego antigo Ἔργα καὶ Ἡμέραι, referido ás veces polo nome latino Opera et Dies) é un poema duns 828 versos escrito por Hesíodo en torno ao ano -700

Contido[editar | editar a fonte]

A obra está composta a partir de xéneros poéticos preexistentes que a tradición oral grega incorporara do mundo oriental: sobre todo, variantes do "catálogo" (cuxo exemplo homérico é o canto II da Ilíada): os "calendarios" e os "días"; e de coleccións de consellos, instrucións e proverbios (como o Ahikar asirio).[1] A organización é, comparada coa Teogonía, menos clara, e non se vertebra cronoloxicamente (aínda que os bloques de calendarios agrícolas e de navegación internamente respectan unha cronoloxía), senón tematicamente. As coleccións de proverbios inclúen fábulas, símiles e mitos.[2]

O poema xira en torno a dúas verdades xerais: o traballo é o destino universal do home, pero só quen estea disposto a traballar poderá con el. Os estudosos interpretaron esta obra no contexto dunha crise agraria no continente grego, que inspirou unha vaga de colonizacións en busca de novas terras.[3]

Esta obra mostra as cinco Idades do Home, ademais de conter consello e sabedoría, prescribindo unha vida de honesto traballo e atacando a ociosidade e os xuíces inxustos (como os que decidiron a favor de Perses), así como a práctica da usura. Describe aos inmortais que vagan pola terra vixiando a xustiza e a inxustiza.[4] O poema considera o traballo como orixe de todo o ben, pois tanto homes como deuses odian aos folgazáns, que parecen abáboros nunha colmea.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rodríguez Adrados, «La composición de los poemas hesiódicos», p. 203ss.
  2. Rodríguez Adrados, «La composición de los poemas hesiódicos», p. 214ss.
  3. Espinosa Alarcón,Andrés e Pérez Iriarte, José Luís. Las formas políticas de la Grecia arcaica a la luz de los factores socio-económicos en CONVIVIUM, Any: 1965 Núm.: 19-20 páx. 117. http://www.raco.cat/index.php/Convivium/article/view/76271/99079
  4. Hesíodo, Obras e días, Canto III, 250: «Sobre a terra mantenedora de moitos hai trinta mil Inmortais de Zeus que gardan aos homes mortais; e envoltos de aire, corren acá e alá sobre a terra observando os xuízos equitativos e as malas accións.»
  5. Hesíodo, Obras e días, 300: «Os Deuses e os homes odian igualmente ao que vive sen facer nada, semellante aos abáboros, que carecen de aguillón e que, sen traballaren pola súa conta, devoran o traballo das abellas.»

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]