Tomislav II de Croacia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tomislav II
Prince Aimone of Savoy - restored.jpg
Tomislav de Croacia.
Rei de Croacia
18 de maio de 1941 - 31 de xullo de 1943
(2 anos)

Nome completoAimón Roberto Margarita María Xoán de Savoia
Outros títulos
  • Nacemento9 de marzo de 1900
    Turín, Italia Italia
    Falecemento29 de xaneiro de 1948
    (47 anos)
    Buenos Aires, Flag of Argentina.svg Arxentina
    PredecesorNon tivo
    SucesorFin da monarquía
    (Ante Pavelić)
    ConsorteIrene de Grecia e Dinamarca
    DescendenciaAmadeo de Aosta
    Casa realCasa de Savoia
    ProxenitoresManuel Filiberto de Aosta
    Helena Luísa de Francia

    Escudo de Tomislav II de Croacia

    Tomislav II de Croacia, tamén coñecido como S.A.R. o príncipe Aimón Roberto Margarita María Xoán Turín (italiano: Aimone Roberto Margherita Maria Giovanni Torino), nado en Turín o 9 de marzo de 1900 e finado en Buenos Aires o 29 de xaneiro de 1948, foi Rei de Croacia e cuarto Duque de Aosta

    Traxectoria[editar | editar a fonte]

    Foi o segundo fillo do Príncipe Manuel Filiberto, segundo Duque de Aosta e da Princesa Helena Luísa de Francia (filla do Conde de París, Xefe da Casa Real de Francia e da princesa María Isabel de Orleáns, Infanta de España). O seu bisavó foi o Rei Vítor Manuel II de Italia, e o seu avó foi Amadeo I de España. O 22 de setembro de 1904, a moi curta idade foille outorgado o título de Duque de Spoleto.[1]

    O 1 de xullo de 1939 o Príncipe Aimón de Savoia casou coa princesa Irene de Grecia, filla do Rei Constantino I de Grecia e a Princesa Sofía de Prusia, en Florencia. Tiveron un fillo, o Príncipe Amadeo, quinto Duque de Aosta, o 27 de setembro de 1943.

    O 18 de maio de 1941, Aimón de Savoia foi proclamado Rei do Estado Independente de Croacia baixo o nome de Tomislav II. Este proxectado Reino de Croacia foi un estado controlado efectivamente por Italia e Alemaña que cubría a maioría de Croacia e a actual Bosnia e Herzegovina.

    A pesar da proclamación feita polos croatas e do auspicio da Italia fascista, Aimón de Savoia comprendeu que na práctica o novo Estado croata era un simple monicreque dos alemáns e que o litoral de Dalmacia sería sempre unha fonte de controversia ítalo-croata, en tanto el mesmo consideraba imposible "italianizar" a costa dálmata.[2] De feito, o novo monarca nunca tivo poder efectivo no territorio croata nin o quixo visitar algunha vez (principalmente por razóns de seguridade ante brotes de insurxencia).[3] O propio ministro de Mussolini, Galeazzo Ciano, anotou no seu diario en 1942 que o príncipe Aimón "estaba orgulloso de ser Rei de Croacia pero non tiña unha idea clara sobre o que debe facer e sente algo molesto por iso".[4] Por estes factores Aimón de Savoia non tivo reparos en abdicar o 21 de xullo de 1943 e posteriormente a renunciar á coroa croata o 12 de outubro, cando Italia xa se retirou da guerra.[2][5][6]

    Tras a firma do armisticio entre Italia e os aliados, Aimón toma partido polo seu primo o rei de Italia Vítor Manuel III e colabora coa Lugartenencia que establece o príncipe herdeiro Humberto II, baixo supervisión dos aliados. Á súa vez a súa esposa e o seu fillo son detidos no norte de Italia por orde dos nazis e confinados en Hirschegg (Alemaña) onde permaneceron, en condicións moi precarias, até a súa liberación en abril de 1945.

    O Príncipe Aimón converteuse no cuarto Duque de Aosta o 3 de marzo de 1942, tras a morte do seu irmán maior, o Príncipe Amadeo de Savoia, Terceiro duque de Aosta, nun campo de prisioneiros de guerra británico en Nairobi tras ser apresado en Etiopía en 1941. Aimón partiu ao exilio tras a proclamación da república italiana en 1946 e morreu o 29 de xaneiro de 1948 en Bonos Aires, Arxentina.

    Probablemente, se o plebiscito de maio de 1946 para elixir entre monarquía e república, que se celebrou para definir a organización política de Italia tras a caída de Mussolini e Humberto II, tivese unha posición a favor dunha monarquía liderada por Aimón de Aosta, posiblemente non triunfase a opción republicana. Actualmente o seu fillo Amadeo de Aosta considérase o lexítimo pretendente ao trono de Italia ao non producirse a renuncia aos seus dereitos dinásticos por parte de Aimón, mentres que si o fixo o último rei italiano, Humberto II.[7]

    Distincións honoríficas[editar | editar a fonte]

    • Ord.Leopold.PNG Soberano Gran mestre da Orde da Coroa do Rei Zvonimir (Reino de Croacia, 1941).
    • Ord.Leopold.PNG Soberano Gran mestre da Orde militar do Trevo de Hierro. (Reino de Croacia, 1941).
    • Order of Merit (Independent State of Croacia).gif Soberano da Orde ao Mérito de Croacia (Reino de Croacia, 1942).
    • Order of the Most Holy Annunciation BAR.svg Cabaleiro da Suprema Orde da Santísima Anunciación (Reino de Italia, 1921).
    • Cavaliere di gran Croce Regno SSML BAR.svg Cabaleiro gran cruz da Orde dos Santos Mauricio e Lázaro (Reino de Italia, 1921).
    • Cavaliere di Gran Croce OCI Kingdom BAR.svg Cabaleiro gran cruz da Orde da Coroa de Italia (Reino de Italia, 1921).
    • Ordine Civile di Savoia BAR.svg Cabaleiro da Orde Civil de Saboya (Reino de Italia).
    • Valor militare silver medal BAR.svg Medalla de Prata ao Valor Militar (Reino de Italia).
    • Valor militare bronze medal BAR.svg 2 Medallas de Bronce ao Valor Militar (Reino de Italia).
    • Croce di guerra al valor militare BAR.svg Cruz de Guerra ao Valor Militar (Reino de Italia).
    • Medaglia d'onore per lunga navigazione marittima 20 BAR.svg Medalla de Honra pola Prolongada Navegación Marítima [20 anos de servizo] (Reino de Italia).
    • Allied Victory Medal BAR.svg Medalla Conmemorativa da Vitoria (Reino de Italia, 1918).
    • SMOM-gc.svg Cabaleiro de honra e devoción da Orde de Malta.

    Notas[editar | editar a fonte]

    1. Nobleza Mediterránea
    2. 2,0 2,1 Davide Rodogno (2006).
    3. Jozo Tomasevich (2001).
    4. Galeazzo Ciano (1947).
    5. Richard G. Massock (2007).
    6. Stevan K. Pavlowitch (2008).
    7. http://www.abc.es/hemeroteca/historico-30-05-2004/abc/Home/victor-manuel-de-saboya-y-amadeo-de-aosta-a-golpes-por-un-trono_9621774496098.html

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Predecesor:
    Carlos IV
    Coat of arms of the Independent State of Croatia.svg
    Rei de Croacia

    18 de mayo de 1941 - 31 de xullo de 1943
    Sucesor:
    Vacante
    Predecesor:
    Amadeo II
    Arms of the House of Savoy-Aosta.svg
    Duque de Aosta

    3 de marzo de 1942 - 29 de xaneiro de 1948
    Sucesor:
    Amadeo III