Amadeu II de Savoia-Aosta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amadeu II de Savoia-Aosta
III Duque de Aosta
Amadeu de Savoia, duque de Aosta.

Nome completoAmadeu Humberto Isabelo Luís Filipe María Xosé Xoán de Savoia
Outros títulos
  • Nacemento21 de outubro de 1898
    Turín, Italia Italia
    Falecemento3 de marzo de 1942
    (43 anos)
    Nairobi, Quenia Kenya
    ConsorteAna Helena de Orleáns
    Descendencia
    • Margarita Isabel de Savoia-Aosta
    • María Cristina de Savoia-Aosta
  • Casa realCasa de Savoia
    ProxenitoresManuel Filiberto de Savoia-Aosta
    Helena de Orleáns

    Na rede
    WikiTree: Savoia-59

    Amadeu Humberto de Savoia-Aosta, nado en Turín o 21 de outubro de 1898 e finado en Nairobi (Kenya) o 3 de marzo de 1942, foi un nobre italiano, o terceiro duque de Aosta.

    Traxectoria[editar | editar a fonte]

    Era fillo de Manuel Filiberto de Savoia-Aosta, segundo duque de Aosta e da princesa Helena de Orleáns. Converteuse en Duque de Aosta á morte do seu pai en 1931. Era por tanto neto de Amadeu I, quen fora rei de España a finais do século XIX.

    Durante a primeira guerra mundial alístase como voluntario no Exército italiano, coa gradación de cabo, tras recibir autorización do seu tío o rei, aínda que só contaba con apenas dezaseis anos.[1] Durante a guerra logrou ascensos por méritos de guerra, alcanzando o grao de capitán. Entre 1925 e 1931 estivo destacado nas colonias italianas, participando en accións militares en Libia, até o punto de que acuñóuselle o sobrenome de Príncipe do Sahara.[2]

    A comezos da década de 1930 permaneceu preso en Castelo do Miramare, en Trieste. Foi vicerrei de Etiopía desde 1937 a 1941. Ao estalar a segunda guerra mundial, asumiu o mando das tropas do Regio Esercito italiano destacadas en Etiopía e as colonias italianas de Eritrea e a Somalia italiana.

    Cando en xaneiro de 1941 o Exército Británico iniciou a Campaña do Leste de África, con apoio de tropas da Francia Libre, a situación das tropas ao mando do duque de Aosta comezou a empeorar progresivamente. O 15 de xaneiro de 1941 o emperador de Etiopía, Haile Selassie regresou ao país, co que ademais estalou unha sublevación no territorio, que en poucos días tomou o control da maior parte do país.

    O 18 de febreiro de 1941, o duque de Aosta enviou a seguinte telegrama a Benito Mussolini:

    Non obstante, a pesar destas palabras, o control italiano derrubouse con rapidez, co que en abril as tropas italianas foron expulsadas de Adís Abeba, e o 19 de maio o duque de Aosta, xunto co seu exército, rendeuse ante os británicos, que fixeron prisioneiros a 18.000 homes, entre eles o duque e outro cinco xerais italianos.

    Morreu nun campo de prisioneiros inglés en 1942 en Nairobi, por mor de complicacións sobrevidas pola malaria e a tuberculose que contraeu. Sucedeulle o seu irmán Aimone, que aceptara exercer como rei monicreque do estado de Croacia, co nome de Tomislav II de Croacia.

    Matrimonio e fillos[editar | editar a fonte]

    Contraeu matrimonio en Nápoles o 5 de novembro de 1927 coa súa prima irmá, a princesa Ana Helena de Orleáns.

    Do matrimonio naceron:

    Distincións honoríficas[editar | editar a fonte]

    • Cabaleiro da Suprema Orde da Santísima Anunciación (Reino de Italia, 1919).
    • Cabaleiro gran cruz da Orde dos Santos Mauricio e Lázaro (Reino de Italia, 1919).
    • Cabaleiro gran cruz da Orde da Coroa de Italia (Reino de Italia, 1919).
    • Cabaleiro de honra e devoción da Orde de Malta.
    • Oficial da Orde Militar de Savoia (Reino de Italia, 10/08/1928).[3]
    • Cabaleiro da Orde Civil de Savoia (Reino de Italia).
    • Medalla de Ouro ao Valor Militar (Reino de Italia, 1941).[4]
    • Medalla de Prata ao Valor Militar (Reino de Italia).
    • Cruz ao Mérito Militar (Reino de Italia, 1918).
    • Medalla Conmemorativa da Vitoria (Reino de Italia, 1918).
    • Medalla Conmemorativa da Unificación de Italia (Reino de Italia).
    • Medalla Conmemorativa da Guerra 1915-1918 [Catro anos de campaña] (Reino de Italia).
    • Medalla ao Mérito polo Prolongado Comando do Ejérito [Dez anos de servizo] (Reino de Italia).
    • Medalla ao Mérito pola Prolongada Navegación Aérea [Dez anos de servizo] (Reino de Italia).
    • Medalla Conmemorativa das Operacións Militares en África Oriental (Reino de Italia, 1936).
    • Medalla de Benemerencia polo Voluntariado na Campaña da África Oriental Italiana (Reino de Italia, 1939).
    • Medalla de Benemerencia polos Combatentes Voluntarios (Reino de Italia).
    • Medalla de Ouro polo Beneficio da Saúde Pública (Reino de Italia, 15/11/1884).[5]

    Devanceiros[editar | editar a fonte]

    Notas[editar | editar a fonte]

    1. Datos biográficos (Editorial Bitácora)
    2. "Ficha bibliográfica en ARTEHISTORIA". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2012. Consultado o 28 de decembro de 2015. 
    3. Sitio web do Quirinal
    4. Sitio web do Quirinal
    5. Gazzetta Ufficiale del Regno d'Italia n. 293 del 26 novembre 1884

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

    Predecesor:
    Manuel Filiberto
    Duque de Aosta
    1931 - 1942
    Brasón dos Duques de Savoia-Aosta
    Sucesor:
    Aimón