Tom Clancy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Thomas L. Clancy, Jr, nado o 12 de abril de 1947 e finado o 1 de outubro de 2013, foi un escritor estadounidense en lingua inglesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Graduouse en Filoloxía Inglesa na Universidade de Loyola en Baltimore, traballou en Maryland como axente de seguros. En 1984 publica a súa primeira novela: "A caza do submarino ruso". Aquel foi o primeiro libro no que se presenta a Jack Ryan como escritor da CIA. Ó longo das sete novelas da saga Ryan, Clancy presentanos máis personaxes e o propio Ryan acada o posto de Presidente dos Estados Unidos de América.

Presta o seu nome para as sagas Op-Center e Net-Force, nas que grupos de axentes americanos enfróntanse unha e outra vez a dificieles ameazas para o mundo libre. Asemade son numerosos os xogos da súa idea orixinal protagonizados polo grupo de operacións especiais Rainbow Six, co protagonista Sam Fischer, personaxe inspirada en John Clark, quen comparte aventuras con Jack Ryan e ata protagoniza as súas propias novelas (Rainbow Six).

Libros[editar | editar a fonte]

  • The Hunt for Red October (A caza do Outubro Vermello: o máis moderno submarino estratéxico soviético planea a defección ós EUA)
  • Red Storm Rising (Tormenta vermella: un atentado terrorista provoca a escaseza enerxética na URSS. O politburó planea entón conquistar o golfo Pérsico, pero antes... ¡deberá conquistar Europa Occidental!)
  • Patriot Games (Xogo de patriotas)
  • The Cardinal of the Kremlin (O cardenal do Kremlin: a CIA debe rescatar ó seu máis importante axente no exterior. O escudo de misiles está en xogo.)
  • Clear and Present Danger (Perigo inminente)
  • The Sum of All Fears
  • Without Remorse
  • Submarine (non-ficción)
  • Debt of Honor (Débeda de honor: os apuros económicos do Xapón provocan un conflito cos EUA.)
  • Armored Cav (non-ficcion)
  • Fighter Wing (non-ficcion)
  • Executive Orders (Ordes executivas: un iluminado aiatolá planea a unión de todo o islám, trala anexión do Iraque a Irán, as tropas islámicas movilízanse para chegar á Meca)
  • Marine (non-ficcion)
  • SSN
  • Into the Storm with General Fred Franks (non-fiction)
  • Airborne (non-ficcion)
  • Rainbow Six
  • Carrier (non-ficcion) (Portaavións)
  • Every Man a Tiger with General Chuck Horner (non-fiction)
  • The Bear and the Dragon (O oso e o dragón: China busca o seu espazo vital nos novos xacementos petrolíferos da Siberia. O exército ruso acepta a colaboración americana para deter ó terror comunista unha vez máis.)
  • Red Rabbit
  • Teeth of the Tiger
  • Battle Ready (non-ficcion)