Tomás Leal da Câmara
Nome orixinal | (pt) Tomás Júlio Leal da Câmara |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 30 de novembro de 1876 Pangim, India (pt) |
Morte | 21 de xullo de 1948 (71 anos) Rinchoa, Portugal (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Artes visuais |
Lugar de traballo | París |
Ocupación | caricaturista, artista visual, debuxante, editor de postais (pt) , pintor, litógrafo |
Período de actividade | (Con vida en: 1900 ) |
Tomás Júlio Leal da Câmara, coñecido en Francia como Camara, nado en Panaji no Estado da India portuguesa o 30 de novembro de 1876 e finado o 30 de xullo de 1948, preto de Sintra, foi un pintor e caricaturista portugués famoso no París da Belle Époque.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Câmara chegou a Lisboa con catro anos. Dotado para o debuxo, matriculouse no Instituto de Agronomía e Veterinaria, que abandonou en 1896 para dedicarse á defensa do ideal republicano, xurdido entón no país. Xunto a Bordalo Pinheiro foi un dos máis destacados humoristas gráficos en Portugal.
Desde 1898 publicou numerosas viñetas dirixidas contra a monarquía e a aristocracia. Estas publicacións portuguesas moitas veces foron prohibidas ou afectadas pola censura, e pronto viuse obrigado a exiliarse en Madrid, onde fixo amizade con Rubén Darío, e comezou a publicar en Madrid Cómico.
Alí presenciou o enfrontamento verbal e físico nun café entre os escritores Manuel Bueno Bengoechea e Ramón María del Valle-Inclán o 24 de xullo de 1899. O primeiro agrediu a Valle-Inclán co bastón na cabeza e o brazo, a ferida gangrenouse e provocaría que lle tivesen que amputar o brazo. Segundo o libro publicado en Laiovento por Javier del Valle-Inclán, neto do autor galego, Ramón del Valle-Inclán entre Galiza e Madrid (1912-1925), o portugués tería sido o causante involuntario do incidente,[1] reflectido tamén nunha carta do propio Câmara.[2] Ademais de a Valle-Inclán[3], en Madrid debuxou a outros galegos como Wenceslao Fernández Flórez [4] e Emilia Pardo Bazán [5]
Leal da Câmara residiu en París de 1900 a 1910, onde participou activamente no movemento anarquista e publicou debuxos e caricaturas en L'Assiette au Beurre. Despois instalouse en Bélxica.
En outubro de 1910, a proclamación da república en Portugal permitiulle volver a casa e estableceuse en Porto. En 1912 expuxo os seus cadros e debuxos nunha galería de Lisboa e nos distintos actos organizados polos Salões dos Humoristas e Modernistas de Porto.
Durante a primeira guerra mundial mantívose preto do grupo de artistas humoristas e non perdeu nada da súa verve satírica.
Regresou a Lisboa en 1922, após dunha viaxe ao Brasil, e alí dedicouse a pintar e ilustrar libros infantís. Desde 1930 e até a súa morte o 30 de xullo de 1948 viviu en Rinchoa, preto de Sintra. A súa vivenda, que fora do Marqués do Pombal [6], foi transformada por Leal da Câmara e a súa esposa en escola primaria, e hoxe un agrupamento de escolas leva o seu nome[7] . Logo do seu pasamento, a vivenda converteuse en casa museo (CMLC) grazas á súa viúva Júlia de Azevedo (1894-1965).[8] Alén da mostra permanente, a CMLC acolle exposiciòns periódicas, como "Leal da Câmara projetista", de febreiro a maio de 2022.[9]
Un coro do conservatorio de Sintra tamén leva o nome de Leal da Câmara.[10]
Galería
[editar | editar a fonte]Obras
[editar | editar a fonte]-
Emile Chautemps apareceu en 1903 en L'Assiette au Beurre.
-
O rei Leopoldo II dos belgas apareceu en Le Cri de Paris.
-
Muller cun abano xaponés
-
No casino (1904)
-
'Les Diplomates' no L'Assiette au Beurre
-
Caricatura de Henri Letellier, socio de André Citroën
-
Capa do nº 160 de L'Assiette au Beurre
Casa Museu Leal da Câmara
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pastoriza, Paco. "Tomás Costa Leal da Cámara". tiempoddescuento (en castelán). Consultado o 2022-02-22.
- ↑ "Vol. 12 (2009); Madrygal. Revista de Estudios Gallegos". revistas.ucm.es (en galego e portugués e castelán). Consultado o 2022-02-22.
- ↑ "Caricaturas de Valle-Inclán - Cátedra Valle-Inclán". Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (en castelán). Consultado o 2022-02-22.
- ↑ "Pérez Galdós y Leal da Camara. Un artista modernista portugués retrata y entrevista a don Benito en 1916". Revista Moralia. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2022. Consultado o 22-2-22.
- ↑ bloggerlazarogaldiano21 (2015-11-24). "El ilustrador Leal da Câmara en el Museo Lázaro Galdiano". Blog del Museo Lázaro Galdiano (en castelán). Consultado o 2022-02-22.
- ↑ T: +351 210 312 700; F: +351 210 312 899; Atl@visitlisboa.com; Www.visitlisboa.com. "Casa-Museu Leal da Câmara". Turismo de Lisboa (en inglés). Consultado o 2022-02-22.
- ↑ "Agrupamento de Escolas Leal da Câmara". educacao.sintra.pt. Consultado o 2022-02-22.
- ↑ "Casa-Museu de Leal da Câmara". Câmara Municipal de Sintra (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2022. Consultado o 2022-02-22.
- ↑ Notícias, Sintra (2022-02-11). "Casa-Museu Leal da Câmara recebe Exposição “Leal da Câmara Projetista”". Sintra Notícias (en portugués). Consultado o 2022-02-22.
- ↑ "Coro leal da camara". Consultado o 2022-02-22.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tomás Leal da Câmara |
A Galipedia ten un portal sobre: Portugal |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Freire, João (15 de abril de 2014). "CÂMARA Tomaz Leal da". Dictionnaire des anarchistes (en francés).
- "Casa-Museu Leal da Câmara". Câmara Municipal de Sintra (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2014. Consultado o 22 de febreiro de 2022.