Tomás López y Vargas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tomás López y Vargas
Nacemento1730 e 1731
 Madrid
Falecemento1802
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxeógrafo e cartógrafo
FillosTomas Mauricio Lopez
editar datos en Wikidata ]

Tomás López de Vargas Machuca, nado en Madrid en 1730 e finado na mesma cidade en 1802, foi un xeógrafo e cartógrafo español do período ilustrado que escribiu entre outras os Principios Geográficos aplicados al uso de mapas en 1775, e a Cosmografía abreviada. Uso del globo celeste y terrestre, en 1784.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de pais toledanos iniciou os seus estudos no Colexio Imperial da capital española, onde aprendeu matemáticas, gramática e retórica. No ano 1752 acudiu a proseguir coa súa formación en París, mercé ao mecenado do marqués da Ensenada.[1] A París acompañáronlle, entre outros, Juan de la Cruz Cano y Olmedilla, Manuel Salvador Carmona e Alonso Cruzado. Nesta etapa parisiense, que durou até 1760, tivo por mestre ao gran xeógrafo Juan Bautista Bourguignon d’Anville e alí coñeceu e casou con María Luisa Gosseaumé y Doré.

Mapa do Reino de Galicia de 1784.

De novo en España, recibiu o título de geógrafo de los dominios de Su Magestad e foi colocado ao mando do novo Gabinete de Xeografía creado polo monarca Carlos III. O principal proxecto no que traballou foi o levantamento de mapas das rexións de España, entre elas os Reinos de Córdoba, Granada, Xaén e Sevilla.

En 1795, propuxo a Godoy a creación do Gabinete Xeográfico para recoller toda a cartografía de España existente. O primeiro ministro tamén lle encarga realizar ese ano o Atlas geográfico de España, obra terminada e publicada polos seus fillos, en 1804, un ano despois do seu falecemento. Este Atlas, «a pesar da súa inexactitude, debido á imprecisión dos métodos utilizados... constituirá a obra cartográfica nacional máis importante —e a mellor existente— até a aparición do Atlas de España e as súas posesións de ultramar (1856) do cartógrafo español Francisco Coello».

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

López gozou dun importante recoñecemento en vida e así, en 1764, pasou a formar parte da Real Academia de San Fernando, mentres que en 1773 entrou como membro da Real Sociedad Bascongada de Amigos del País e na Academia de Bellas Letras de Sevilla. Finalmente, en 1776 entrou a formar parte tanto da Real Academia da Historia como da Real Sociedade Asturiana de Amigos do País.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Del Bosque, Isabel & Isabel Fernández «Fondos de la BTNT(III). Mapas de Tomás López en la biblioteca Tomás Navarro Tomás.» Arquivado 28 de agosto de 2017 en Wayback Machine. Biblioteca Tomás Navarro Tomás. Consultado o 8 de xullo de 2017.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lorenzo Arribas, Josemi (2011). Diccionario Histórico-Geográfico de la provincia de Zamora según las informaciones obtenidas por el cartógrafo real Tomás López. 1765-1798. Zamora: Instituto de Estudios Zamoranos Florián de Ocampo. ISBN 978-84-96100-67-1. 
  • López Gómez, Antonio; Manso Porto, Carmen (2006). Cartografía del siglo XVIII. Tomás López en la Real Academia de la Historia. Madrid : Real Academia de la Historia. Departamento de Cartografía y Artes Gráficas. ISBN 84-95983-79-6. 
  • Martín López, José (2001). Cartógrafos espanoles. Madrid: Ministerio de Fomento, Centro Nacional de Información Geográfica. ISBN 84-95172-15-1. 
  • Saez García, Juan Antonio (2004). Guipúzcoa en el siglo XVIII a la luz de la obra de Tomás López. San Sebastián : ingeba. ISBN 84-930927-2-X.