Zenón de Somodevilla y Bengoechea
Zenón de Somodevilla y Bengoechea | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 20 de abril de 1702 |
Lugar de nacemento | Hervías e Alesanco |
Falecemento | 2 de decembro de 1781 |
Lugar de falecemento | Medina del Campo |
Nacionalidade | España |
Relixión | catolicismo |
Ocupación | político e militar |
Premios | Cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Zenón de Somodevilla e Bengochea, nado en Hervías (A Rioxa), probablemente o 20 de abril (día de san Zenón) de 1702 e finado en Medina del Campo o 2 de decembro de 1781,[1] máis coñecido co nome de marqués da Ensenada, foi un político e ilustrado castelán.
Foi Conselleiro de Estado, sucesivamente, nos reinados de Filipe V, Fernando VI e Carlos III. Tamén ostentou moitos outros cargos como secretario de Facenda, de Guerra e Mariña e de Indias. Igualmente, foi nomeado sucesivamente superintendente xeral de Rendas, lugartenente xeral do Almirantazgo, secretario de Estado, notario dos reinos de España e Cabaleiro do Vélaro de Ouro e da Orde de Malta.
Foi o encargado de executar a denominada Gran Redada.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi o primeiro artífice dun programa de despotismo ilustrado e o paradigma dos políticos que ían dirixir España polos seus méritos e non polos seus títulos. De orixe humilde, fillo dun fidalgo pobre rioxano, chegaría ser ministro de Facenda, Guerra e Indias co rei Fernando VI. Político fundamental na historia do século XVIII, serviu a tres reis: Filipe V, Fernando VI e Carlos III.
Hai que destacar del a reforma que tentou levar adiante sobre o sistema fiscal imperante, a magna pescuda catastral coñecida polo nome de Catastro de Ensenada, de maneira que os diferentes tributos que percibía o Estado se unificaran nun único imposto, proxecto saldado cun gran fracaso. A maior obra de Ensenada foi a a súa espectacular reorganización dos estaleiros e a construción de potentes buques de guerra. Tamén como político ilustrado destacou no impulso das obras públicas, como a construción de canais —coma o de Castela— e a mellora de camiños (como o de Madrid ó Guadarrama e de Burgos a Santander).
A Gran Redada[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Gran Redada.
En 1749 executou, xunto co bispo de Oviedo Gaspar José Vázquez Tablada, un plano denominado Gran Redada que pretendía o exterminio biolóxico do pobo xitano[2] en España e que, naquela altura, foi tamén coñecido como Prisión Xeral de ciganos. Tralo arresto, e decretado que debían de permanecer cativos até a morte, os ciganos foran separados en dous grupos: os nenos maiores de sete anos e os homes foron escravizados nos arsenais da Mariña española, como foi o caso do arsenal da Graña en Ferrol[3], e as mulleres e os meniños menores de sete anos foron escravizadas en fábricas ou ingresadas na cadea. A separación das familias tiña o obxectivo de evitar novos nacementos. Esta práctica xenocida durou até o ano 1765, mais sempre contando coa forte resistencia das mulleres e mais dos homes, como foi no caso das revoltas e fuxidas na Casa de Misericordia en Zaragoza[4]. Calcúlase que entre 9 000 e 12 000 ciganos sofreron persecución, cadea ou escravitude neste período[5].
Recoñecemento[editar | editar a fonte]
En Ferrol hai dúas estatuas adicadas á súa figura. Unha, nos xardíns de San Francisco, feita por César Lombera[6]. Outra, un busto, no parque Raíña Sofía.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Gómez Urdáñez, José Luis. "Zenón de Somodevilla y Bengoechea". Diccionario biográfico (en castelán). Consultado o 14-8-2019.
- ↑ Martínez Martínez, Manuel (2014). Los gitanos y las gitanas de España a mediados del siglo XVIII : el fracaso de un proyecto de "exterminio" (1748-1765). Almería: Universidad de Almería. p. 23. ISBN 9788416027316. OCLC 884722358.
- ↑ Martínez Martínez, Manuel (2014). Los gitanos y las gitanas de España a mediados del siglo XVIII : el fracaso de un proyecto de "exterminio" (1748-1765). Almería: Universidad de Almería. p. 60. ISBN 9788416027316. OCLC 884722358.
- ↑ Márquez García, María Jesús (2015-10-22). "Los gitanos y gitanas de España a mediados del siglo XVIII. El fracaso de un proyecto de “exterminio” (1748-1765)". Social and Education History 4 (3): 312. ISSN 2014-3567. doi:10.17583/hse.2015.1737.
- ↑ nicolasjimenezgonzalez (2017-07-25). "Para conocer la Gran Redada" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2019. Consultado o 2019-08-13. Arquivado 13 de agosto de 2019 en Wayback Machine.
- ↑ P, Redacción. "Ferrol homenajea al Marqués de la Ensenada con una estatua en los jardines de San Francisco". Galicia Ártabra Digital (en castelán). Consultado o 2019-08-13.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zenón de Somodevilla y Bengoechea ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Gómez Urdáñez, José Luis (1995). El proyecto reformista de Ensenada. Col. Hispania Nº 3 (en castelán). Lleida: Ed. Milenio. ISBN 978-84-921502-5-0.