Foi fundada en 1958 e debe o seu nome a SirJohn Monash, un destacado xeneral e líder australiano. Unha das súas frases máis célebres está escrita ao longo dun camiño entre o Robert Blackwood Hall e o Performing Arts Centre no campus de Clayton: "Adopta como o teu credo fundamental aquilo que te equipe para a vida, non soamente para o teu propio beneficio, senón para o de toda a túa comunidade".
O lema da universidade es Ancora imparo (en italiano), que significa "aínda estou aprendendo",[1] unha frase atribuída a Michelangelo.
Acelerador de partículas na Facult. de Física. A universidade foi clasificada como a mellor da Australia para os cursos de enxeñaría, física e química.[2]
É unha das maiores universidades de Australia, co cerca de 55 000 estudantes, e está clasificada entre as cinco mellores universidades do país.[3]
En 2009 foi elixida como a 45ª mellor universidade do mundo.[4]
Edifício Robert Menzies no Campus Clayton.Catedral de Prato, na praza principal da cidade, está a uns 100 m do Monash Prato Centre.A Monash Art and Design Faculty no campus de Caulfield,
Monash ten unha longa lista de antigos alumnos que destacaron nunha ampla gama de áreas. 1 100 graduados dasta universidade figuran entre as 13 200 biografías das persoas máis notábeis de Australia na edición 2008 de quen é quen en Australia.[5]