Tiempo de morir é un filme colombiano de 1985 dirixido por Jorge Alí Triana e protagonizado por Gustavo Angarita, María Eugenia Dávila e Sebastián Ospina.[1] O guión, escrito por Gabriel García Márquez, foi rodado dúas veces antes deste filme, primeiro en 1965 polo director mexicano Arturo Ripstein, e en 1982 tamén por Jorge Alí Triana nunha serie de televisión producida por RTI Producciones.