El abrazo de la serpiente
Aparencia
| El abrazo de la serpiente | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||
El abrazo de la serpiente é un filme co-producido por Colombia, Venezuela e a Arxentina dirixido por Ciro Guerra e estreado no 2015. Foi rodado en branco e negro e gañou o Art Cinema Award no Festival de Cannes de 2015.[1] Gañou o premio de mellor filme iberoamericano nos Premios Platino e foi nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 88ª edición dos premios.[2]
O filme foi rodado en múltiples linguas como o castelá, o alemán, o portugués ou o latín, ademais de linguas amazónicas como o ticuna, o cubeo, o wanano e o witoto.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Nilbio Torres como Karamakate novo
- Antonio Bolívar como Karamakate vello
- Jan Bijvoet como Theo
- Brionne Davis como Evan
- Luigi Sciamanna como Gaspar
- Yauenkü Migue como Manduca
- Nicolás Cancino como Anizetto
Produción
[editar | editar a fonte]Localizacións
[editar | editar a fonte]El abrazo de la serpiente foi rodado na rexión amazónica de Colombia. A rodaxe durou sete semanas no departamento de Vaupés e unha no departamento de Guainía.[3] Os detalles da localización inclúe:
- Cerros de Mavicure – Tres outeiros que forman parte da zona máis occidental do escudo güianés, no norte de América do Sur.
- Estrela Fluvial Inírida – Unha zona húmida de Ramsar que inclúe partes do río Inírida.
- Río Vaupés – Tributario do río Amazonas que forma parte da fronteira internacional entre Colombia e o Brasil.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rebecca Ford (22 de maio de 2015). Hollywood Reporter, ed. "Cannes: 'Embrace of the Serpent' Tops Directors' Fortnight Awards". Consultado o 22 de maio de 2015.
- ↑ Ford, Rebecca (14 de xaneiro de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "Oscar Nominations: The Complete List". Consultado o 14 de xaneiro de 2016.
- ↑ El Pais S.A. (14 de xaneiro de 2015). "'El abrazo de la serpiente' en la voz de Ciro Guerra". Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2016. Consultado o 24 de febreiro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- El abrazo de la serpiente na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
Categorías:
- Filmes de 2015
- Filmes en lingua castelá
- Filmes en lingua alemá
- Filmes en lingua latina
- Filmes en lingua portuguesa
- Filmes en lingua cubeo
- Filmes en lingua ticuna
- Filmes en lingua wanano
- Filmes en lingua witoto
- Filmes de Colombia
- Filmes de Venezuela
- Filmes da Arxentina
- Filmes dirixidos por Ciro Guerra
- Filmes rodados en Colombia
- Filmes ambientados en Colombia
- Filmes ambientados en 1909
- Filmes ambientados en 1940