Monos (filme)
| Monos | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata |
Monos é un filme de 2019 dirixido por Alejandro Landes, escrito por Landes e Alexis Dos Santos e producido por Fernando Epstein, Santiago Zapata, Cristina Landes e o propio Landes. Está protagonizado por Julianne Nicholson e Moisés Arias. O filme conta a historia dun grupo de guerrilleiros adolescentes asignados para vixiar un refén. Lanzouse en Colombia o 15 de agosto de 2019 e nos Estados Unidos fíxose o 13 de setembro de 2019 a través de Neon e Participant, recibindo valoracións positivas por parte da crítica.
A súa estrea internacional fíxose no Festival de Sundance o 27 de xaneiro de 2019, onde gañou o Premio Especial do Xurado na categoría World Cinema Dramatic.[1] Foi escollido como candidato de Colombia ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 92ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. Tamén foi o candidato ó Premio Goya á mellor película estranxeira de fala hispana na XXXIV edición dos premios.[2][3]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Julianne Nicholson como "Doutora" Sara Watson
- Moisés Arias como Patagrande
- Sofía Buenaventura como Rambo
- Julian Giraldo como Lobo
- Karen Quintero como Lady
- Laura Castrillón como Sueca
- Deiby Rueda como Pitufo
- Esneider Castro como Boom Boom
- Paul Cubides como Perro
- Wilson Salazar como o mensaxeiro
- Jorge Román como o mineiro
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "2019 Sundance Film Festival - 'Monos' Premiere.". Zimbio.
- ↑ elpitazo (ed.). ""Monos", la candidata de Colombia a los premios Óscar y Goya". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 27 de agosto de 2019.
- ↑ Mango, Agustin. The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Colombia Selects 'Monos' for International Feature Film Category". Consultado o 27 de agosto de 2019.