Saltar ao contido

Thomagata Patera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Thomagata
A imaxe con máis resolución de Thomagata Patera, tomada pola sonda Galileo a cor en outubro do 2001.
Tipo de accidente xeolóxico Patera
Accidente xeolóxico de Ío
Diámetro 59 km km[1]
Profundidade 1,2-1,6 km[2]
Coordenadas 25,67° N 165,94° O[1]
Procedencia do nome Deus chibcha da tronada.[1]

Thomagata Patera é un patera ou cráter volcánico da superficie da lúa de Xúpiter, Ío. Está situado no hemisferio oculto de Ío, nas coordenadas 25,67° N 165,94° O, cara ao leste dos volcáns activos Volund e Zamama, que están bastante próximos. Thomagata é un patera coma forma de ril, un tipo de cráter volcánico semellante a unha caldeira, con 56 km de longo por 26 km de ancho, cunha profundidade de 1,2-1,6 km de profundidade.[2] O volcán está actualmente inactivo coma punto quente, e coma tal nun foi observado, o brillante chan do patera suxire que está frío dabondo coma para que se poida condensa-lo dióxido de sulfuro e sulfuro.[3] Thomagata está localizado no centro dun baixío, o cal está situado nunha mesa (meseta, outón, mensa) duns 100 km de ancho. Os bordos da mesa elévanse uns 200 m sobre as planicies dos arredores, aínda que se descoñece a pendente dos bordos de Thomagata Patera. Se o chan do patera está ó mesmo nivel cás planicies dos arredores, a pendente occidental da mesa podería ser de 2°.[2] A morfoloxía desta mesa e o patrón dos regueiros de lava que flúen ó longo das pendentes, afastándose de Thomagata (polo menos na cara oriental) suxire que Thomagata Patera e a mesa que rodea a este podería ser un escudo de volcán, chamados tamén tholus en Io.[3] A marxe irregular da mesa e a morea de cascallos que hai na base da escarpa suxire que foi modificada polo acción erosiva do dióxido de suilfuro.[3]

A sonda Galileo conseguiría observacións detalladas deste patera en outubro do 2001, Thomagata Patera recibiu o seu nome oficial no ano 2006 por parte da Unión Astronómica Internacional (UAI), nome procedente da mitoloxía chibcha, onde Thomagata era o deus da tronada.[1] Tal coma se refire a este deus a UAI, o mítico Thomagata era "un terrorífico espírito que podía voar atravesando os ceos para transforma-los homes en animais."[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 USGS : Gazetteer of Planetary Nomenclature (ed.). "Planetary Names: Patera, paterae: Thomagata Patera on Io". Consultado o 13-08-2010. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Turtle, E. P.; e o seu equipo. (2004). "The final Galileo SSI observations of Io: orbits G28-I33". Icarus 169: 3–28. doi:10.1016/j.icarus.2003.10.014. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Williams, D. A.; e o seu equipo. (2005). "The Zamama–Thor region of Io: Insights from a synthesis of mapping, topography, and Galileo spacecraft data". Icarus 177: 69–88. doi:10.1016/j.icarus.2005.03.005. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]