Estan Patera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estan
Imaxe de alta resolución de Estan Patera, tomada pola sonda Galileo non seu encontro con Ío de outubro do ano 1999.
Tipo de accidente xeolóxico Patera
Accidente xeolóxico de Ío
Diámetro 95 km[1]
Profundidade ?
Coordenadas 21,61° N 87,71° O[1]
Procedencia do nome Deus hitita do Sol.[1]

Estan Patera é un patera (un cráter irregular), ou un cráter complexo con ladeiras escaleiradas, na lúa de Xúpiter, Ío. Ten aproximadamente 95 kms de diámetro e está situado a 21,61° N 87,71° O. O nome de Estan provén da mitoloxía hitita, onde Estan era o deus do Sol, este nome foi aprobado pola Unión Astronómica Internacional no 2006.[1] Este cráter está situado ó norte da base da montaña de 11 kms de altitude Gish Bar Mons. Pódese atopar na dirección oeste-noroeste o monte Skythia Mons, e cara ao suroeste Monan Mons, e o norte e sur pódense atopar Monan Patera e Ah Peku Patera, respectivamente.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 USGS :Gazetteer of Planetary Nomenclature (ed.). "Planetary Names: Patera, paterae: Estan Patera on Io". Consultado o 31-07-2010. 
  2. NASA World Wind 1.4. NASA Ames Research Center, 2007.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]