Pillan Patera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pillan
Dúas imaxes que amosan grandes cambios na superficie despois da grande erupción de Pillan Patera acontecida no ano 1997.
Tipo de accidente xeolóxico Patera
Accidente xeolóxico de Ío
Diámetro 73,43 km[1]
Profundidade ?
Coordenadas 12,34° S 243,25° O[1]
Procedencia do nome Deus araucano do trono, o lume e os volcáns.[1]

Pillan Patera é un patera (un cráter irregular), ou un cráter complexo con ladeiras escaleiradas, na lúa de Xúpiter, Ío. Está situado a 12,34° S 243,25° O, ó sur de Pillan Mons e o oeste de Reiden Patera. O nome de Pillan provén da mitoloxía araucana, onde Pillan era o deus araucano do trono, o lume e os volcáns, este nome foi aprobado pola Unión Astronómica Internacional no 1997.[1][2][3]

Pillan Patera ten aproximadamente 73 kms de diámetro.[1] No verán de 1997, erupcionou nun evento coñecido hoxe en día coma erupción estilo 'Pillan'. Acadou temperaturas superiores ós 1.600 °C, (2.912 °F) cunha pluma eruptiva que chegou a ter 140 kms de altitude, depositando materiais piroclásticos escuros ricos en piroxenos sobre unha área de máis de 125.000 km2. Isto foi seguido da localización dunha colada de material escuro sobre unha área situada ó norte da caldeira de máis de 3.100 km2. As temperaturas máis altas déronse na parte final da erupción, entre os días 52 a 167, e entre maio a setembro de 1997, cun cénit ó redor do día 28 de xuño de 1997.[4]

A erupción de 1997, foi a erupción efusiva máis grande da que se ten coñecemento. Durante un período de 100 días, foron cuspidos coma mínimo 31 km3 de lava, cuns 25 km3 máis a 'posteriori'. A erupción emitiu luz por longo tempo, e non seu momento máis álxido cuspia máis de 10.000 metros cúbicos por segundo de materiais.[5] A erupción creou un gran depósito de material escuro duns 400 kms de diámetro ó redor de Pillan Patera e cubriu parcialmente o brillante anel vermello depositado pola pluma do volcán Pele. Dende a erupción, o deposito da pluma de Pillan foise diluíndo e cubrindo un chisco co material procedente de Pele e de Kami-Nari Patera, un pequeno volcán ó leste de Pillan Patera.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 USGS : Gazetteer of Planetary Nomenclature (ed.). "Planetary Names: Patera, paterae: Pillan Patera on Io". Consultado o 08-08-2010. 
  2. lnfm1.sai.msu.su (ed.). "IO NOMENCLATURE". Consultado o 19-10-2007. 
  3. NASA World Wind 1.4. NASA Ames Research Center, 2007.
  4. "The summer 1997 eruption at Pillan Patera on Io: Implications for ultrabasic lava flow emplacement". JOURNAL OF GEOPHYSICAL RESEARCH, VOL. 106, NO. E12, PAGES 33,105–33,120, 2001. Arquivado dende o orixinal o 06-06-2011. Consultado o 08-08-2010. 
  5. "The Biggest Eruption Ever Witnessed: The Effusion Profile Of The Pillan (Io) 1997 Eruption, And The Implications For Massive Basaltic Flow Emplacement On Earth And Mars.". American Astronomical Society, DPS meeting #38, #30.03; Bulletin of the American Astronomical Society, Vol. 38, p.538. Consultado o 20-10-2007. 
  6. pirlwww.lpl.arizona.edu (ed.). "Galileo Images of Pillan Patera". Arquivado dende o orixinal o 17-05-2003. Consultado o 20-10-2007. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]