Ah Peku Patera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ah Peku
I24 Ah Peku Patera.png
Imaxe en alta resolución de Ah Peku Patera, tomada pola sonda Galileo durante o seu encontro con Ío en outubro de 1999.
Tipo de accidente xeolóxico Patera
Accidente xeolóxico de Ío
Diámetro 84 km[1]
Profundidade  ?
Coordenadas 10,34° N 107° O[1]
Procedencia do nome Deus do trono maia.[1]

Ah Peku Patera é un patera (un cráter irregular), ou un cráter complexo con ladeiras escaleiradas, na lúa de Xúpiter, Ío. Ten 84 kms de diámetro e está situado a 10,3° N 107° O. Recibiu oficialmente o seu nome no ano 2006,[1] este nome fai referencia ó deus do trono Maia, Ah Peku. Ah Peku Patera está situado ó sur de Monan Mons, o norte do cal está Monan Patera. Os puntos centrais eruptivos de Amirani e Maui poden ser atopados no noroeste, así coma Maui Patera. Gish Bar Patera está situado en dirección ó nordeste.[2] Ah Peku Patera foi visto por primeira vez a través da instrumentación da sonda Galileo, é considerado coma punto quente activo.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 USGS (ed.). «Planetary Names: Patera, paterae: Ah Peku Patera on Io». Consultado o 30-07-2010. 
  2. NASA World Wind 1.4. NASA Ames Research Center, 2007.
  3. «Geologic mapping of the Amirani–Gish Bar region of Io: Implications for the global geologic mapping of Io» (PDF). europa.la.asu.edu. Consultado o 20-10-2007. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]