Reiden Patera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reiden
Asha Patera.png
Reiden Patera, nunha captura de pantalla do programa NASA World Wind.
Tipo de accidente xeolóxico Patera
Accidente xeolóxico de Ío
Diámetro 73,26 km[1]
Profundidade  ?
Coordenadas 13,4° S 235,45° O[1]
Procedencia do nome Espírito xaponés do trono.[1]

Reiden Patera é un accidente xeolóxico volcánico da superficie da lúa de Xúpiter, Ío. Foi visto por primeira (de preto) vez pola sonda Galileo mentres daba a primeira órbita ó redor de Xúpiter, e inicialmente detectou un punto quente. Pénsase que a súa actividade parou ou languideceu por debaixo da capacidade de detección do instrumental da sonda Galileo (SSI e NIMS).[2] Aínda que dende o ano 2002 téñense novas de que Reiden Patera tornouse moito máis escuro a partir da 24ª órbita de Galileo. Ten tamén cuspido depósitos piroclásticos dun brillante vermello.[3]Ten aproximadamente 70 kms de diámetro e está situado a 13,4° S 235,45° O. O nome de Reiden provén da mitoloxía xaponesa, onde Reiden era o espírito do trono, este nome foi aprobado pola Unión Astronómica Internacional no 1979.[4][1] Asha Patera pode ser atopado cara o leste e Kami-Nari Patera cara o norte.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 USGS : Gazetteer of Planetary Nomenclature (ed.). «Planetary Names: Patera, paterae: Reiden Patera on Io». Consultado o 04-08-2010. 
  2. es.ucsc.edu (ed.). «Lopes-Gautier_IoVolc_Icarus99.pdf» (PDF). Consultado o 18-10-2007. 
  3. lpi.usra.edu (ed.). «1954.pdf» (PDF). Consultado o 18-10-2007. 
  4. lnfm1.sai.msu.su (ed.). «IO NOMENCLATURE». Consultado o 19-10-2007. 
  5. NASA World Wind 1.4. NASA Ames Research Center, 2007.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]