Prometheus (volcán)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Prometheus
27ISPROMTH02.png
Mosaico de imaxes a toda cor feitas pola sonda Galileo do volcán Prometheus e das súas coladas de lava.
Tipo de accidente xeolóxico Volcán
Accidente xeolóxico de Ío
Diámetro 438,91 km km[1]
Altitude  ?
Coordenadas 1,52° S 153,94° O[1]
Procedencia do nome Deus grego do lume.[1]

Prometheus é un volcán activo que está situado na superficie da lúa de Xúpiter, Ío. As súas coordenadas na superficie de Ío son 1,52° S 153,94° O.[1] Prometheus consiste nun cumio de 28 kms de ancho chamado Prometheus Patera[2] e 100 kms de coladas de lava, todo isto rodeado dunha gran extensión circular de depósitos de sulfuro vermello e de brillante dióxido de sulfuro, procedentes dos materiais depositados polas columnas (plumas) volcanicas.[3] O volcán foi visto por primeira vez en imaxes tomadas pola sonda Voyager 1 en marzo de 1979.[4] Ese mesmo ano, a Unión Astronómica Internacional deulle oficialmente o nome de Prometheus, deus grego do lume.

Prometheus é un lugar volcanicamente activo coma mínimo dende o encontro da Voyager 1 con Ío no ano 1979. Entre a chegada da Voyager e as primeiras observacións da sonda Galileo, foron depositadas coladas de lava sobre superficie duns 6.700 km2.[5] Observacións posteriores da Galileo amosaron numerosas fendas no leito volcánico, especialmente na parte occidental destes campos de lava.[6]

Prometheus é un volcán con dúas columnas volcánicas: unha máis pequena, rica en sulfuros procedentes do magma que se descarga cara o final da parte oriental dos leitos de lava, acadando unhas alturas que oscilan entre 75 a 100 km; e a outra columna eruptiva rica en SO2 que está activa en fronte de onde finaliza a outra.[3] A primeira forma un deposito difuso e vermello cara o leste de Prometheus. A segunda forma un brillante e circular deposito ó redor da totalidade do volcán e dos seus campos de lava. A columna eruptiva rica en SO2 é xerada da lava que corre cara o final da parte occidental dos leitos de lava, cubrindo, quentando e vaporizando a xeada de dióxido de sulfuro. Isto vai acompañado da aparición de moitas fendas, as cales xeran gas e po que se suma para forma-la columna (pluma) volcánica.[7] A columna de Prometheus foi vista tanto pola Voyager coma pola Galileo, coma pola New Horizons, cando cada sonda tivo a oportunidade de tomar imaxes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Planetary Names: Eruptive center: Prometheus on Io". USGS : Gazetteer of Planetary Nomenclature. http://planetarynames.wr.usgs.gov/Feature/4836. Consultado o 10-08-2010. 
  2. "Planetary Names: Patera, paterae: Prometheus Patera on Io". USGS : Gazetteer of Planetary Nomenclature. http://planetarynames.wr.usgs.gov/Feature/14297. Consultado o 10-08-2010. 
  3. 3,0 3,1 Davies, A. (2007). "Prometheus and Amirani: effusive activity and insulated flows". Volcanism on Io: A Comparison with Earth. Cambridge University Press. pp. pp. 208–216. ISBN 0-521-85003-7. 
  4. Smith, B. A.; e o seu equipo. (1979). "The Jupiter system through the eyes of Voyager 1". Science 204 (4396): 951–972. DOI:10.1126/science.204.4396.951. PMID 17800430. 
  5. McEwen, A. S.; e o seu equipo. (1998). "Active Volcanism on Io as Seen by Galileo SSI". Science 135: 181–219. 
  6. Keszthelyi, L.; e o seu equipo. (2001). "Imaging of volcanic activity on Jupiter's moon Io by Galileo during the Galileo Europa Mission and the Galileo Millennium Mission". J. Geophys. Res. 106: 33025–33052. DOI:10.1029/2000JE001383. 
  7. Milazzo, M. P.; e o seu equipo. (2001). "Observations and initial modeling of lava-SO2 interactions at Prometheus, Io". J. Geophys. Res. 106: 33121–33128. DOI:10.1029/2000JE001410. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]