Shango Patera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Shango
I24 Shango Patera.png
Imaxe de alta resolución de Estan Patera, tomada pola sonda Galileo no seu encontro con Ío de xullo e outubro do ano 1999.
Tipo de accidente xeolóxico Patera
Accidente xeolóxico de Ío
Diámetro 90,22 km[1]
Profundidade ?
Coordenadas 32,35° N 100,52° O[1]
Procedencia do nome Deus yoruba do trono.[1]

Shango Patera é un patera (un cráter irregular), ou un cráter complexo con ladeiras escaleiradas, na lúa de Xúpiter, Ío. Ten aproximadamente 90 kms de diámetro e está situado a 32,35° N 100,52° O. O nome de Shango provén da mitoloxía yoruba, onde Shango era o deus do trono, este nome foi aprobado pola Unión Astronómica Internacional no 2000.[1] Shango está situado ó norte de Skythia Mons. Cara ao suroeste está o centro eruptivo de Amirani, e o sueste están Gish Bar Patera, Gish Bar Mons, e Estan Patera.[2]

Shango foi un lugar de grandes cambios na súa superficie entre os anos 2001 a 2007. O chan de Shango Patera e os regueiros de material que corren cara ao suroeste de Shango escurecéronse considerablemente dende o final da misión da sonda Galileo e a chegada da misión New Horizons en febreiro do 2007.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 USGS : Gazetteer of Planetary Nomenclature (ed.). "Planetary Names: Patera, paterae: Shango Patera on Io". Consultado o 04-08-2010. 
  2. NASA World Wind 1.4. NASA Ames Research Center, 2007.
  3. Spencer, J. R.; e o seu equipo. (2007). "Io Volcanism Seen by New Horizons: A Major Eruption of the Tvashtar Volcano". Science 318: 240–43. doi:10.1126/science.1147621. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]