The Velvet Underground (álbum)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Velvet Underground
Álbum de The Velvet Underground
Publicadomarzo de 1969
Gravaciónnovembro-decembro de 1968
Estudio(s)TTG Studios
Duración43:53
Xénero(s)folk rock, rock, pop
Selo(s)MGM Records
Producido porThe Velvet Underground
Cronoloxía
White Light/White Heat The Velvet Underground Loaded

The Velvet Underground é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de art rock The Velvet Underground, publicado en marzo de 1969 a través do selo MGM Records. Foi o seu primeiro disco con Doug Yule, que foi o substituto de John Cale. Gravado en 1968 nos TTG Studios de Hollywood, California, o son do álbum, formado principalmente por baladas e cancións rock sinxelas, marcou un significativo cambio no estilo da banda con respecto aos seus anteriores traballos. No ano 2003 a revista Rolling Stone situouno no número 314 na súa lista dos 500 mellores álbums de todos os tempos. Na súa revisión de 2012 pasou ao posto 316.[1]

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Todos os temas compostos por Lou Reed, agás onde se indique.

Cara 1
N.º TítuloVoces principais Duración
1. "Candy Says"  Yule 4:04
2. "What Goes On"  Reed 4:55
3. "Some Kinda Love"  Reed 4:03
4. "Pale Blue Eyes"  Reed 5:41
5. "Jesus"  Reed with Yule 3:24
Cara 2
N.º TítuloVoces principais Duración
6. "Beginning to See the Light"  Reed 4:41
7. "I'm Set Free"  Reed 4:08
8. "That's the Story of My Life"  Reed 1:59
9. "The Murder Mystery"  Reed, Morrison, Yule, and Tucker 8:55
10. "After Hours"  Tucker 2:07

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "500 Greatest Albums of All Time". Rolling Stone. Consultado o 4 de outubro de 2018.