Termas romanas de Lugo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Termas Romanas de Lugo»)

Coordenadas: 43°00′42″N 07°33′26″O / 43.01167, -7.55722

Parte do conxunto das Termas.

As termas romanas de Lugo son os restos do antigo balneario romano situado á beira do río Miño, preto da antiga ponte romana. Estas termas romanas foron declaradas Monumento Histórico-Artístico en 1931, e agora forman parte das instalacións do Hotel Balneario de Lugo. A construción destes baños é contemporánea á fundación da cidade, ao redor do ano 15 a.C.. O recinto mellor conservado das instalacións é o apodycterium, o vestiario.

Descrición[editar | editar a fonte]

A instalación de termas e balneario era esencial dentro da Roma antiga, polo que se abriron ao tempo que se fundaba Lucus Augusti. Recibían auga dun manancial termal con propiedades mineromedicinais,[1] con augas sulfurado-sódicas e carbonatadas que abrollan a 43,8 °C. Estas augas son explotadas aínda hoxe dentro do Hotel Balneario de Lugo.[2]

O apodycterium é a área mellor conservada. Este lugar para espirse consiste nunha gran sala con pavimento de opus signinum, material de uso común composto de rebo de tella e ladrillo con cal. Ao fondo da sala hai dúas portas en arcos que dan paso a diversas estancias, incluída unha parede composta de dezaoito furnas que se usaban a modo de armario para gardar a vestimenta e os obxectos persoais.

Outra das zonas visitables é a antiga sala de baños, con forma abovedada. Había tres áreas diferenciadas: o frigidarium, para baños fríos; o tepidarium, para baños mornos, e o caldarium, para baños quentes. En épocas posteriores esta sala foi convertida en capela cristiá.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Meijide Failde, Rosa. "Historia del Balneario "Termas Romanas" de Lugo" (PDF). Universidade da Coruña. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de outubro de 2014. Consultado o 04 de xaneiro de 2017. 
  2. Termas romanas de Lugo. Asturnatura

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]