Teresa de Lauretis
(2015) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 29 de novembro de 1938 Boloña, Italia |
| Educación | Universidade Bocconi |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Estudos de xénero, historia, semiótica, psicanálise, teoría do cinema, teoría da literatura, feminismo e movemento feminista |
| Lugar de traballo | Madison San Francisco Santa Cruz |
| Ocupación | filósofa, historiadora, teórica do cinema, profesora universitaria, semiótico, especialista en literatura, teórica literaria |
| Empregador | Universidade de California Universidade de Utrecht Universidade de Wisconsin-Madison Universidade de Colorado |
| Influencias | |
| Premios | |
| |
Teresa de Lauretis, nada en Boloña en 1938 é unha teórica feminista que realizou importantes achegas ós estudos de xénero, queer, cinematográficos así como á psicanálise. Traducida a máis de dezasete idiomas, de Lauretis é coñecida internacionalmente por ser autora de influentes libros tales como "Alice Doesn't" (1984),"Technologies of Gender" (1987) e por acuñar a expresión "Queer theory"(1990) para marcar unha descontinuidade radical na epistemoloxía e políticas sexuais feministas-LGBT.[1] Foi distinguida como profesora emérita pola Universidade de California, Santa Cruz.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De Lauretis é doutora en linguas e literaturas modernas pola Universidade de Bocconi (Milán-Italia). En 1985 ingresou como docente de posgrao no prestixioso departamento de historia da conciencia na Universidade de California-Santa Cruz, integrando o staff xunto a Hayden White, Donna Haraway, Angela Davis e James Clifford.
Foi profesora visitante en universidades do Canadá, Alemaña, Italia, Suecia, Austria, Croacia, Francia, España, México, os Países Baixos, Polonia, a Arxentina, Chile así como de varias pertencentes ós Estados Unidos, entre outras. Obtivo o Doutoramento Honoris Causa pola Universidade de Lund e a Universidade Nacional de Córdoba, entre outros recoñecementos e distincións universitarias. En 2010, obtivo o Distinguished Career Award pola Society for Cinema and Media Studies.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ver Beatriz Preciado, ‘Technologiquement votre’, Actes du colloque Epistémologies du genre: regards d’hier, points de vue d’auhourd’hui (París: Conservatoire National des Arts et Métiers, 23-24 juin 2005)
- ↑ Citado en http://www.cmstudies.org/ Arquivado 11 de xuño de 2018 en Wayback Machine.