Tercera Catalana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Tercera Catalana (ata 2011 Segona Territorial ou Segona Regional) é a sétima categoría da liga de fútbol en Cataluña por debaixo da Segona Catalana e por encima da Quarta Catalana. Está organizado pola Federació Catalana de Futbol.

Está formada por dezasete grupos de 18 equipos cada un, repartidos seguindo un criterio xeográfico. No grupo 1 xogan os equipos das Terres de l'Ebre, nos grupos 2 e 3 o resto de equipos da provincia de Tarragona, nos grupos do 4 ao 12 os equipos da provincia de Barcelona, nos grupos 13 e 14 os equipos da provincia de Lleida e nos grupos 15, 16 e 17 xogan os equipos da provincia de Girona.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.