Segona Catalana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Segona Catalana (ata 2011 Primera Territorial ou Primera Regional) é a sexta categoría da liga de fútbol en Cataluña por debaixo da Primera Catalana e por encima da Tercera Catalana. Está organizado pola Federació Catalana de Futbol.

Está formada por seis grupos de 18 equipos cada un, repartidos seguindo un criterio xeográfico. No grupo 1 xogan os equipos da provincia de Girona, nos grupos 2, 3 e 4 os equipos da provincia de Barcelona, no grupo 5 os equipos da provincia de Lleida e no grupo 6 xogan os equipos da provincia de Tarragona.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.