Associació Esportiva Prat
AE Prat | |||
---|---|---|---|
Nome | Associació Esportiva Prat | ||
Fundación | 1945 | ||
Estadio | Municipal Sagnier, El Prat de Llobregat, Barcelona, España | ||
Capacidade | 1.000 | ||
Presidente | Luis Quiñonero | ||
Adestrador | Agustín Vacas | ||
Liga | 2ªB - Grupo 3 | ||
2015–16 | 1º (Terceira División) | ||
Na rede | |||
http://www.aeprat.com/ | |||
| |||
A Associació Esportiva Prat é un club de fútbol de España, da cidade de El Prat de Llobregat, na provincia de Barcelona. Foi fundado en 1945 e actualmente xoga na Segunda División B Española.
Historia
[editar | editar a fonte]Os primeiros clubs de fútbol do Baix Llobregat foron clubs de afeccionados. Foi cara aos anos 30 cando apareceron a Peña Gol e a Peña Merengues e os dous primeiros clubs de certa relevancia, o Club Deportiu Prat (1934) e o CD Internacional (1935). Ambas as entidades fusionáronse o ano 1939 por iniciativa de Rafael Mas, dando lugar á Unió Deportiva Prat, que no seu primeiro ano de vida gañou o Campionato de Cataluña Afeccionado. Pero o seu éxito foi a súa morte, xa que se desmantelou o equipo e o club acabou desaparecendo.
O 7 de febreiro de 1945, naceu o actual Associació Esportiva Prat baixo a presidencia de Josep Aleu Torres.
O 10 de xuño de 1984, o equipo consegue o primeiro ascenso a Terceira División, logo de tres ascensos consecutivos.
Na tempada 2011/12 proclámase campión do grupo V da Terceira División e xoga o play-off de campións. O 27 de maio de 2012 consegue o primeiro ascenso a Segunda División B tras derrotar por 2-0 na volta ao Atlético Sanluqueño.
O 29 de agosto do mesmo ano estréase na Copa do Rei na que consegue chegar á terceira rolda tras eliminar ao Gimnàstic de Tarragona no Municipal Sagnier (2-1) e ao Real Oviedo no Carlos Tartiere nos penaltis (4-5 despois dun 0-0 no tempo regulamentario). En terceira rolda foi eliminado pola UE Llagostera (2-3).
O seu paso pola categoría de bronce durou dúas tempadas, descendendo novamente en 2014. Na tempada 2015/16 proclámase campión de Terceira. O 29 de maio consegue novamente o ascenso a Segunda División B logo de gañar 3-1 no Sagnier e perder 1-0 na volta contra o Osasuna B.
Datos do club
[editar | editar a fonte]Historial na liga
[editar | editar a fonte]Tempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
1984/85 | 3ª | 16º |
1985/86 | 3ª | 9º |
1986/87 | 3ª | 18º |
de 87-88 | Rexional | — |
a 01-02 | Rexional | — |
2002/03 | 3ª | 16º |
2003/04 | 1ª Catalana | — |
2004/05 | 1ª Catalana | — |
Tempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
2005/06 | 3ª | 12º |
2006/07 | 3ª | 18º |
2007/08 | 1ª Catalana | — |
2008/09 | 3ª | 8º |
2009/10 | 3ª | 4º |
2010/11 | 3ª | 9º |
2011/12 | 3ª | 1º |
2012/13 | 2ªB | 12º |
2013/14 | 2ªB | 17º |
2014/15 | 3ª | 6º |
2015/16 | 3ª | 1º |
2016/17 | 2ªB |
Palmarés
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en catalán)