Saltar ao contido

Talpa (xénero)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Talpa[3] é un xénero de toupas da familia Talpidae. É un dos primeiros taxons descritos en ciencia,[4] xa que o describiu Carl Linnaeus, quen utilizou para nomealo a palabra latina para "toupa", talpa, na súa obra Regnum Animale para referirse á forma europea común de toupa. O grupo ao que pertence foi desde entón ampliado ata comprender 13 especies existentes, atopadas fundamentamente en Europa e Asia occidental. A toupa europea (T. europaea) é un dos membros do xénero e vive na maior parte de Europa, como tamén outras especies con áreas de distribución máis restrinxidas, como a toupa ibérica (T. occidentalis), que é a única que vive en Galicia. Dunha especie, T. davidiana, os datos son deficientes. As toupas comen miñocas de terra, insectos e outros invertebrados que atopan no solo.

As femias deste xénero teñen características rudimentarias de macho como glándulas de Cowper e próstatas de dous lobos. Un grupo de científicos suxeriu que son verdadeiros hermafroditas;[5] porén, outros opinan que son femias completamente funcionais.[6]

Especies e filoxenia[editar | editar a fonte]

A toupa ibérica (T. occidentalis) é a especie presente en Galicia.

Dentro deste xénero hai 14 especies:

Ademais coñécense varias especies extintas polos seus restos fósiles, que son:

A filoxenia actual das especies deste xénero é a seguinte:

Filoxenia das toupas europeas segundo Demırtaş et al. 2020 [9]

Talpa altaica

 Talpa ognevi

 Talpa caucasica

 Talpa talyschensis

 Talpa davidiana

 Talpa caeca

 Talpa stankovici

 Talpa levantis

 Talpa romana

 Talpa martinorum

 Talpa occidentalis

 Talpa aquitania

 Talpa europaea

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Benito, C.S.; Martinez, N.L. (1977). "El yacimiento de Escobosa de Calatanyazor (Soria) y su aportacion a la bioestratigraphia del Neogeno de la meseta castellana". In M.T. Alberdi and E. Aguirre (Eds) Round-table on Mastostratigraphy of the W. Mediterranean Neogene Trabajos Sobre Neogeno-Cuaternario (Madrid) 7: 35–40. 
  2. International Commission on Zoological Nomenclature (1922). "Opinion 75. Twenty-Seven Generic Names of Protozoa, Vermes, Pisces, Reptilia and Mammalia Included in the Official List of Zoological Names". Smithsonian Miscellaneous Collections 73 (1): 35–37. 
  3. Hutterer, R. (2005). "Genus Talpa". In Wilson, D.E.; Reeder, D.M. (eds.). Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3ª ed.). Johns Hopkins University Press. pp. 307–309. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494
  4. http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/b/bb/Linnaeus_-_Regnum_Animale_%281735%29.png
  5. Sánchez, A; Bullejos, M; Burgos, M; Hera, C; Stamatopoulos, C; Diaz De la Guardia R; Jiménez, R (1998-12-07). "Females of four mole species of genus Talpa (Insectivora, mammalia) are true hermaphrodites with ovotestes". Molecular Reproduction and Development 44 (3): 289–294. PMID 8858598. doi:10.1002/(SICI)1098-2795(199607)44:3<289::AID-MRD2>3.0.CO;2-I. 
  6. Beolchini, F; Rebecchi, L; Capanna, E; Bertolani, R (2000-06-01). "Female gonad of moles, genus Talpa (Insectivora, mammalia): ovary or ovotestis?". J Exp Zool 286 (1): 745–54. PMID 10797327. doi:10.1002/(SICI)1097-010X(20000601)286:7<745::AID-JEZ9>3.0.CO;2-F. 
  7. Nicolas, Violaine; Martínez-Vargas, Jessica; Hugot, Jean-Pierre (2017). "Talpa aquitania sp. nov. (Talpidae, Soricomorpha), a new mole species from SW France and N Spain" (PDF). Mammalia 81 (6): 641–642. doi:10.1515/MAMMALIA-2017-0057. 
  8. "Two new types of mole unearthed in Turkey". BBC Newsround (en inglés). 2023-08-11. Consultado o 2023-08-12. 
  9. Sadık Demırtaş, Metin Silsüpür, Jeremy B. Searle, David Bilton und İslam Gündüz: What should we call the Levant mole? Unravelling the systematics and demography of Talpa levantis Thomas, 1906 sensu lato (Mammalia: Talpidae). Mammalian Biology 100, 2020, S. 1–18, doi 10.1007/s42991-020-00010-4

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]