Tai Chi Chuan
![]() | Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde setembro de 2017) |
Tai chi chuan (en chinés: 太極拳, Tàijí quán), ás veces abreviado como Tai Chi, é unha arte marcial interna chinesa. Este estilo de arte marcial é recoñecido tamén como unha forma de meditación en movemento.
Principios[editar | editar a fonte]
Os principios filosóficos do Tai Chi Chuan remiten ao Taoísmo e á Alquimia Chinesa. A relación de Yin e Yang, os Cinco Elementos, o Ba Gua (Oito Trigramas), o Libro das Mutacións (I Ching) e o Tao Te Ching de Lao Zi son algunhas das principais referencias para a comprensión dos seus fundamentos.
- Os textos clásicos escritos polos mestres orientan a:
- Vencer o movemento a través da quietude (Yi Jing Zhi Dong) 以靜制動
- Vencer a dureza a través da suavidade (Yi Rou Ke Gang) 以柔克剛
- Vencer o rápido a través do lento (Yi Man Sheng Kuai) 以慢勝快
A pesar de ter as súas raíces na antiga China, o Tai Chi Chuan é actualmente unha arte practicada en todo o mundo. É apreciado no occidente especialmente pola súa relación coa meditación e coa promoción da saúde, ofrecendo aos que viven no ritmo veloz das grandes cidades unha referencia de tranquilidade e equilibrio, así como de melloras para diversos problemas da saúde.
Os creadores do Tai Chi Chuan basearon a súa arte na observación da Natureza. Non só na observación dos animais, tamén no estudo dos principios da interacción entre os diversos elementos naturais.
Como somos parte desta natureza, o coñecemento destes principios e de como actúan dentro de nós, estudados pola Medicina Tradicional Chinesa, revelan o Tai Chi como unha fonte efectiva de enerxía que se encontra no noso interior, situada na rexión do corpo nomeada polos chineses de Dantian, e que está situada dous dedos por debaixo do embigo.