Jeet Kune Do
![]() | Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde setembro de 2017) |
Jeet Kune Do (en chinés: 截拳道; cantonés: Jitkyùndou; pinyin: Jiéquándào, lit. "O camiño do puño que intercepta"), tamén chamado Jeet Kun Do ou JKD, é unha arte marcial chinesa desenvolvida por Bruce Lee.
Historia[editar | editar a fonte]
Foi creada por Bruce Lee entre os anos 1960 e 1973 aínda que nun principio estivo baseada no Wing chun chuan fa (esta interpretación pode verse como unha referencia ó principio do Wing Chun de simultánea defensa e contraataque), o Jeet Kune Do, primeiramente chamado "Jun Fan Gung Fu" (chinés: 振藩功夫; cantonés: Janfàan Gūngfū; pinyin: Zhènfán Gōngfū. Literalmente: "O Kung Fu de Bruce Lee") é un método de combate novo.
Jeet Kune Do non é Kung Fu chinés tradicional. É o resultado da investigación e a "fusión" de Wing Chun, o boxeo occidental, a esgrima e de técnicas novas e propias que buscan a efectividade ante todo. Pero o mestre Lee morreu cedo, en 1973, sen poder deixar unha comprensión completa da súa arte. Porén, abriu o camiño á superación a varias xeracións coa súa forma de pensar, converténdose no mellor loitador e especialista en artes marciais.
De todos modos o mestre Bruce Lee reflectía en todas e cada unha das súas películas a súa peculiar arte de combate, o Jeet Kune Do, quedando así gardadas algunhas das súas técnicas nestas e no seu libro, no que demostraba a través de fotografías este estilo tan técnico como efectivo.
Filosofía[editar | editar a fonte]
Lee defendía o Jeet Kune Do como unha filosofía alén das artes marciais: "A arte do Jeet Kune Do é sinxelamente o de simplificar. Favorecer a carencia de forma para poder asumir tódalas formas", "Usándoa no camiño como camiño e a non limitación como limitación".
O feito de que o fundador do Jeet Kune, Bruce, estudara filosofía occidental na Universidade de Washington e á vez exercera como profesor de filosofía chinesa, expoñen a súa personalidade e traxectoria como froito deste coñecemento aplicado ás artes marciais, o cal esta intimamente vencellado ás súas raíces. As bases chinesas confucianistas (Deus é a humanidade e a finalidade do pensamento a harmonía da vida) e as bases do taoísmo (unha forma de ver o mundo e de vivir integrada en harmonía coa natureza); o símbolo do taoísmo é a auga; o distintivo é o ying-yang; a flexibilidade é o concepto fundamental do Tao. Disciplinas como o jiu-jitsu, que consiste en aproveitar o impulso do adversario para desvialo no momento oportuno e derrotalo coa súa propia forza baséanse no taoísmo.
Nestas mentalidades chinesas, as cousas cotiás e insignificantes adoitan ter un significado moi profundo.
O Jeet Kune Do é simple, directo e "non clásico": Bruce Lee desenvolveu o concepto único das artes marciais para cada persoa, xa que un non se ten que axustar ó Jeet Kune Do, senón que debe axustar a arte a un mesmo. Pode ser calquera cousa menos estática e, se cadra debido a isto, unha das principais características do Jeet Kune Do é a constante evolución, e a frase de Lee "O non-límite como límite" que rixe ós seus practicantes. O proceso de aprendizaxe do Jeet Kune Do é de seu un proceso de "desaprendizaxe", é simplificar, é evitar posicións anatomicamente incorrectas e filosofías pragmaticamente equívocas, é centrarse na loita e non ver alén do combate en si para non perder o obxectivo: gañar e sobrevivir.
Os 3 piares do Jeet Kune Do son a velocidade, a aliñación e o desprazamento. Efectividade, e o "Golpeo e ti non me tocas" como tradución de "Jeet Kune Do", ou "Puño que intercepta". É dicir, evitar que o ataque do contrario xurda efecto.
Os movementos son unha combinación de defensa-ataque baseada na simpleza e efectividade máis que en figuras clásicas. A mentalidade fronte ó combate ha de ser unha mentalidade gañadora, sen anticiparse ó resultado do combate, deixando que a natureza flúa.
Feitos do JKD[editar | editar a fonte]
- Estrutura pechada e economía no ataque e na defensa (Ataque: golpes vivos cos membros adiantados. Defensa: Chi Sao)
- As armas para golpear e patear deben ser versátiles, soltas e fluídas. As fortes ferramentas a través dun pulimento continuo.
- O ritmo roto, o medio compás e o compás dun ou de tres e medio (tanto o ataque como á contra).
- Adestramento físico, con pesas. Condición física completa.
- O movemento directo JKD é o ataque nas contras lanzándose desde o lugar orixinal sen tornar á posición.
- Mobilidade corporal e xogo de pernas lixeiro. Potencia solta, potente acometida como conxunto. Soltura de "muelle" sen ter o corpo laxo. Conciencia mental flexible.
- Traballo sen crispación, tácticas de ataque inesperadas.
- Fortaleza corpo a corpo:
- Arremetidas con cambio de posición, Proxeccións, agarres e inmobilizacións.
- Combate total no sparring, adestramento por contacto real sobre brancos móbiles.
- Estrutura total máis ca parcial. Expresión individual máis ca colectiva, espontaneidade fronte a rixidez. O adestramento de continuidade do eu expresivo detrás dos movementos físicos.
- Fluír constante (movemento en recto e en curva combinados, cara arriba e cara abaixo, dereitazo e esquerdazo de gancho, pasos laterais, agacharse e evadirse, círculos coa man).
- Unha posición ben equilibrada durante o movemento, constantemente. Continuidade entre o emprego a fondo e a soltura.
O arsenal[editar | editar a fonte]
Bruce Lee dixo:
A bagaxe técnica do Jeet Kune Do é moi ampla, tan ampla como a túa imaxinación cho permita, recorda o non-límite como límite, asentados sobre unha sólida base, como é unha garda lateral, con xeonllos lixeiramente flexionados, talóns levemente levantados e desprazamentos laterais realizados sobre as puntas dos pés.'[1]
En canto a golpes de man, están o o finger jab, o jab cross, uppercut ou os golpes de revés. No plano das patadas, cabe destacar que se considera a patada lateral como o golpe máis potente do arsenal técnico. As patadas baixas, ó igual que as patadas en xiro, frontais, en revés, descendentes, ascendentes, en salto e todo tipo de golpes cos xeonllos, ó igual que o uso do cóbado en xiro ascendente, en xiro diagonal ou vertical. As patadas de xiro, se están ben aplicadas, poden ser moi fortes. Absolutamente todo está permitido. "A rúa non é un torneo". O estilo que máis se asemella ó Jeet Kune Do é o boxeo tailandés. A enerxía prodúcese cando a non-intención inicia o movemento desde o pé atrasado e flectado, subindo polos músculos da perna, entrando na cadeira, finalmente viaxando polo dorsal entrando no brazo e colapsando no momento do impacto. O corpo debe ser suave e lixeiro, sen forza bruta, para non impedir o devir da enerxía.
Tamén están o "Chi-Sao" ("mans pegañentas", sen separar as mans do opoñente para obter información extra por medio do tacto para así mellorar o timing), e o "Lop-Sao" ("mans que agarran", suxeitar a man ou brazo do opoñente para realizar un contragolpe).
As seis enfermidades[editar | editar a fonte]
O Jeet Kune Do é moito máis que un método de combate. É unha das ávidas pólas que a vida nos descobre os seus segredos. Máis que dunha técnica é o desenvolvemento físico e espiritual do individuo como tal. A mentalidade fronte ó combate ha de ser unha mentalidade de gañador, ou máis ben "positiva" (somos parte da natureza), sen anticiparse o resultado do combate, deixando que a natureza flúa. Unha técnica tan completa pode deformarse se quen a practica comete un destes seis errores fundamentais:
- O desexo de vitoria.
- O desexo de recorrer á astucia técnica.
- O desexo de mostrar todo o aprendido.
- O desexo de atemorizar o inimigo.
- O desexo de xogar un papel pasivo.
- O desexo de liberarse de calquera enfermidade que nos afecte.
O método e a constancia adestrando adoitan solucionar todos estes problemas. Como repetía Bruce Lee: Investiga nas túas propias experiencias para chegar a entender que funciona de ti.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ The Tao of Jeet Kune Do