Tab Hunter
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Arthur Andrew Kelm 11 de xullo de 1931 Manhattan (Estados Unidos de América) |
Morte | 8 de xullo de 2018 (86 anos) Santa Bárbara, Estados Unidos de América |
Causa da morte | trombose |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estados Unidos de América |
Ocupación | cantante, actor de cinema, actor de televisión, actor de teatro, novelista |
Período de actividade | 1950 - 1996 |
Empregador | Warner Bros. |
Partido político | California Republican Party (en) |
Xénero artístico | Música pop |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Dot Records |
Deporte | deporte ecuestre |
Premios | |
Descrito pola fonte | Tab Hunter, 86, 1950s Hollywood Heartthrob, Is Dead (en) |
Páxina web | tabhunter.com |
|
Arthur Andrew Kelm, nado en Manhattan o 11 de xullo de 1931 e finado en Santa Bárbara (California) o 8 de xullo de 2018,[1] foi un actor e cantante estadounidense coñecido como Tab Hunter.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Hunter era fillo dos inmigrantes alemáns Charles Kelm (xudeu) e Gertrude Gelien (luterana).[2] Despois de divorciárense, a nai trasladouse a California xunto cos seus dous fillos, recuperou o seu apelidos de solteira e cambio o apelidos dos seus fillos por este. Hunter uniuse á Garda Costeira aos quince anos, mentindo sobre a súa idade para alistarse.[3] Nos seus derradeiros anos, a súa nai tivo problemas de saúde que obrigaron a que fose internada e recibiu tratamentos de choque; Hunter apoiouna ata o seu falecemento.
Comezou a empregar o seu nome artístico "Tab Hunter", suxerido polo seu primeiro axente, Henry Willson.[4] Entre os seus filmes están Island of Desire (xunto a Linda Darnell), o drama bélico Battle Cry, en que tiña un romance cunha muller máis vella, Outeiros ardentes (con Natalie Wood), That Kind of Woman (con Sophia Loren), Gunman's Walk (western con Van Heflin) e The Pleasure of His Company (con Debbie Reynolds). Estes títulos cimentaron o seu éxito como galán cinematográfico.
En setembro de 1955, a revista Confidential informou de que Hunter fora arrestado en 1950 por conduta desordenada. O artigo tamén facía referencia á estadía en prisión do tamén actor Rory Calhoun. O artigo xurdiu dun trato co axente Henry Willson, que non desexaba que se revelase publicamente a orientación sexual do seu cliente máis destacado, Rock Hudson. Isto non tivo efectos negativos na carreira de Hunter nin na de Calhoun: uns meses despois, Hunter foi considerado a "nova personalidade máis prometedora" ("Most Promising New Personality") nunha enquisa nacional patrocinada polo Council of Motion Picture Organizations.[5] En 1956, recibiu 62 000 felicitacións por San Valentín. Hunter, James Dean e Natalie Wood foron os últimos actores en ter contrato en exclusiva cos estudios Warner Bros.
Tivo éxito en 1957 coa canción "Young Love", que acadou o número un no Billboard Hot 100 durante seis semanas e foi un dos éxitos de maior percorrido durante a era do rock and roll.
O 9 de xullo de 1960 foi arrestado pola policía de Glendale, California, sendo exculpado tralo xuízo celebrado en outubro ante a falsidade das acusacións. A principios dos anos 1960 non conseguiu obter o papel de Tony na adaptación cinematográfica do musical West Side Story. Hunter tivo o seu propio programa televisivo, The Tab Hunter Show, no canal NBC, que só se mantivo en emisión unha temporada (1960-1961), aínda que se converteu nunha das comedias de situación de maior audiencia no Reino Unido.[6] Estableceuse no sur de Francia e actuou nalgúns filmes europeos: No importa morir, de León Klimovsky, ou o spaghetti western La vendetta è il mio perdono de Roberto Mauri.
Reapareció na década de 1980 en diversas comedias, como Polyester, de John Waters, que o emparellou con Divine; Pandemonium, unha parodia do cinema de terror para adolescentes; Grease 2, secuela do coñecido musical; ou Lust in the Dust (1985), de Paul Bartel, de novo con Divine. En 1992 escribiu o guión de Dark Horse, en que tamén actuaba.
Hunter faleceu aos 86 anos a causa dun ataque cardíaco derivado dunha trombose venosa profunda.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Hunter foi amigo íntimo de Etchika Choureau, a súa compañeira de elenco en Lafayette Escadrille e de Joan Cohn, viúva de Harry Cohn, coas que contemplou a posibilidade do matrimonio, ademais de manter amizade con outras actrices de Hollywood, aínda que nunca casou. Hunter mantivo unha longa relación co tamén actor Anthony Perkins e co campión de patinaxe Ronald Robertson, antes de comezar a súa relación con quen foi a súa parella durante máis de trinta anos, Allan Glaser.[7]
Durante a era dos estudios en Hollywood, Hunter admitiu que ser gay entón era un problema, non se sentía cómodo no mundo da actuación e viuse obrigado a manter con dificultade unha dobre vida.[8]
Hunter escribiu unha autobiografía, Tab Hunter Confidential: The Making of a Movie Star (2006), coescrita co especialista en xénero negro Eddie Muller, que se converteu nun best-seller de The New York Times. O libro continuou a reeditarse e foi nomeado a algúns galardóns. No libro, Hunter confirmou a súa homosexualidade e rexeitou a veracidade dos seus romances con Natalie Wood ou Debbie Reynolds.[9]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1950 | The Lawless | Frank O'Brien | Tamén coñecido como The Dividing Line |
1952 | The Island of Desire | Marine Corporal Michael J. "Chicken" Dugan | Tamén coñecido como Saturday Island |
1953 | Gun Belt | Chip Ringo | |
The Steel Lady | Bill Larson | Tamén coñecido como Treasure of Kalifa | |
1954 | Return to Treasure Island | Clive Stone | Tamén narrador |
Track of the Cat | Harold Bridges | ||
1955 | Battle Cry | Danny Forrester | |
The Sea Chase | Cadet Wesser | ||
1956 | Outeiros ardentes | Trace Jordan | |
The Girl He Left Behind | Andy L. Shaeffer | ||
1958 | Gunman's Walk | Ed Hackett | |
Lafayette Escadrille | Thad Walker | ||
Damn Yankees | Joe Hardy | Tamén coñecido como What Lola Wants | |
1959 | They Came to Cordura | Lt. William Fowler | |
That Kind of Woman | Red | ||
1961 | The Pleasure of His Company | Roger Henderson | |
1962 | The Golden Arrow | Hassan | |
1963 | Operation Bikini | Lt. Morgan Hayes | |
1964 | Ride the Wild Surf | Steamer Lane | |
Troubled Waters | Alex Carswell | ||
1965 | City Under the Sea | Ben Harris | Tamén coñecido como War Gods of the Deep |
The Loved One | Whispering Glades Tour Guide | ||
1966 | Birds Do It | Lt. Porter | |
1967 | The Fickle Finger of Fate | Jerry | tamén coñecido como El Dedo del Destino e The Cup of San Sebastian |
Hostile Guns | Mike Reno | ||
1968 | Vengeance Is My Forgiveness | Sheriff Durango | |
The Last Chance | Patrick Harris | ||
1969 | Bridge over the Elbe | Richard | |
1972 | Sweet Kill | Eddie Collins | |
The Life and Times of Judge Roy Bean | Sam Dodd | ||
1975 | Timber Tramps | Big Swede | |
1976 | Won Ton Ton, the Dog Who Saved Hollywood | David Hamilton | |
1981 | Polyester | Todd Tomorrow | |
1982 | Pandemonium | Blue Grange | |
Grease 2 | Mr. Stuart | ||
And They're Off | Henry Barclay | ||
1985 | Lust in the Dust | Abel Wood | Produtor executivo |
1988 | Out of the Dark | Driver | |
Grotesque | Rod | ||
Cameron's Closet | Owen Lansing | Produtor executivo | |
1992 | Dark Horse | Perkins | Produtor executivo e guionista |
2015 | Tab Hunter Confidential | El mesmo | Documental |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Stolworthy, Jacob (9 de xullo de 2018). "Veteran Hollywood actor Tab Hunter dies aged 86". The Independent (en inglés). Consultado o 9 de xullo de 2018.
- ↑ Weinraub, Bernard (9 de setembro de 2003). "A Star's Real Life Upstages His Films; Tab Hunter Looks Back on Sadness and Success and Ahead to a Book". The New York Times.
- ↑ "Tab Hunter at Coast Guard History".
- ↑ The Man Who Invented Rock Hudson: The Pretty Boys and Dirty Deals of Henry Willson by Robert Hofler, published by Carroll & Graf, 2005, ISBN 0-7867-1607-X
- ↑ Tab Hunter Confidential: The Making of a Movie Star by Tab Hunter with Eddie Muller, published by Algonquin Books, 2005, pp. 116–118 ISBN 1-56512-466-9
- ↑ Tab Hunter Confidential: The Making of a Movie Star, pp. 227–235
- ↑ Bayard, Louis (9 de outubro de 2005). "The Celluloid Closet". washingtonpost.com. Consultado o 7 de xaneiro de 2009.
- ↑ Ver Tim Parks, «The many lives of Tab Hunter», en Gay and Lesbian Times, 15 de decembro de 2005.
- ↑ William L. Hamilton, «Did Success Spoil Tab Hunter?», The New York Times, 18 de setembro de 2005.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tab Hunter |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial
- Half-Hour TV Interview via Vimeo.com
- Tab Hunter en Find a Grave (en inglés)