Syacium
Syacium | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Syacium gunteri | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||
|
Scyacium é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos paralictíidos.[1]
Catacterísticas
[editar | editar a fonte]Trátase dun xénero de peixes planos que comprende varias especies que presentan unha boca dotada de grandes dentes e que habitan nas costas dos océanos Atlántico e Pacífico.
Coa excepción de S. guineensis, da costa atlántica de África, todas as especies son propìas das augas das Américas.
A especie máis grande do xénero alcanza os 40 cm de lonxitude.[2]
Algunhas das súas especies son de interese pesqueiro.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1842 polo naturalista italiano Camillo Ranzani.[1]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome Syacium que lle deu Ranzani, o xénero coñécese polos sinónimos:[1]
- Aramaca Jordan & Goss, 1885
- Hemirhombus Bleeker, 1862
Especies
[editar | editar a fonte]Na actualidade dentro do xénero Syacium a FishBase recoñece as seguintes 8 especies:[2]
- Syacium guineensis (Bleeker, 1862)
- Syacium gunteri Ginsburg, 1933
- Syacium latifrons (D. S. Jordan & C. H. Gilbert, 1882)
- Syacium longidorsale Murakami & Amaoka, 1992
- Syacium maculiferum (Garman, 1899)
- Syacium micrurum Ranzani, 1842 - Rapapelos es escamas pequenas.[3]
- Syacium ovale (Günther, 1864)
- Syacium papillosum (Linnaeus, 1758)
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Syacium |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
- Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5.
- Murakami, T. and K. Amaoka (1992): "Review of the genus Syacium (Paralichthyidae) with the description of a new species from Ecuador and Columbia", Bull. Fac. Fish. Hokkaido Univ. 43 (2): 61-95.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- Uyeno, T.; K. Matsuura and E. Fujii, eds. (1983): Fishes trawled off Suriname and French Guiana. Tokyo, Japan: Japan Marine Fishery Resource Research Center.