Syacium micrurum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Syacium micrurum
Rapapelos de escamas pequenas / Rascón de escamas pequenas
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Paralichthyidae
Xénero: Syacium
Especie: S. micrurum
Nome binomial
Syacium micrurum
Ranzani, 1842 [1]

Syacium micrurum é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos paralictíidos,[1][2] coñecida en galego como rapapelos de escamas pequenas ou rascón de escamas pequenas.[3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita por primeira vez en 1842 polo naturalista italiano Camillo Ranzani.

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais do nome que lle deu Ranzani, e que é o actualmente válido, ao longo do tempo a especie coñeceuse tamén polos seguintes sinónimos:[1]

  • Citharichthys aethalion Jordan, 1886
  • Citharichthys ocellatus (Poey, 1860)
  • Hemirhombus aethalion (Jordan, 1886)
  • Hemirhombus aramaca Günther, 1862
  • Hemirhombus micrurus (Ranzani, 1842)
  • Hemirhombus ocellatus (Poey, 1860)
  • Hippoglossus ocellatus Poey, 1860

Características[editar | editar a fonte]

As principis características deste peixe son:[2]

  • É un peixe plano mariño, demersal, de corpo ovalado, deprimido, sinistro (é dicir, cos dous ollos situados no lado esquerdo do corpo), de até 40 cm de lonxitude e 500 g de peso como máximo (aínda que a maioría dos espécimes apañados roldan os 20 cm).
  • A aleta dorsal ten de 83 a 92 raios, e a anal, de 64 a 74.
  • Nos machos, o 1º e o 2º raios da aleta pectoral son filamentosos.
  • A coloración do lado pigmentado é apardazada uniforme, máis ou menos clara.

Hábitat, distribución e bioloxía[editar | editar a fonte]

Trátase dun peixe mariño, batipeláxico, que habita a profundidades de entre 1 e 412 m, sobre fondos de grava, lama ou area da plataforma continental, no Atlántico occidental, entre os 30° N e os 23° S, desde o Canadá até a Florida (Estados Unidos) e, por Suramérica, até São Paulo (Brasil). O rexistros de Syacium micrurum no Atlántico oriental corresponden realmente á especie Syacium guineensis (Bleeker, 1862).[2]

Aliméntase de vermes e crustáceos.[2]

Pesca[editar | editar a fonte]

Captúrase nas zonas onde habita.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Syacium micrurum Ranzani, 1842 no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Syacium micrurum Ranzani, 1842 en FishBase.
  3. 3,0 3,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 80.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Cabanban, A.; E. Capuli, R. Froese and D. Pauly (1996): An annotated checklist of Philippine flatfishes: ecological implications. Presented at the Third International Symposium on Flatfish Ecology, 2-8 de novembro de 1996, Netherlands Institute for Sea Research (NIOZ), Texel, The Netherlands.
  • Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5.
  • Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8,
  • Murakami, T. and K. Amaoka (1992): "Review of the genus Syacium (Paralichthyidae) with the description of a new species from Ecuador and Columbia". Bull. Fac. Fish. Hokkaido Univ. 43 (2): 61-95.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]