Susanna Tamaro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Susanna Tamaro
Susanna Tamaro.jpg
Nome completoSusanna Tamaro
Nacemento12 de decembro de 1957 (65 anos)
 Trieste, Italia Italia
NacionalidadeItalia
RelixiónIgrexa católica
Alma máterCentro Sperimentale di Cinematografia
Ocupacióndirectora de cine, guionista, escritora e novelista
XénerosNovela
Coñecido/a porVa' dove ti porta il cuore
ProfesiónEscritora
PremiosOrdem do Mérito da República Italiana e Premio Italo Calvino
Na rede
http://www.susannatamaro.it/
IMDB: nm0848481 Allocine: 547127
Discogs: 659572 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Susanna Tamaro, nada en Trieste o 12 de decembro de 1957, é unha novelista italiana que tamén exerceu de documentalista científica e como asistente de dirección cinematográfica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou cinematografía en Roma e realizou diversos documentais para a RAI. Susanna comezou a súa carreira no ano 1989 coa novela La testa tra le nuvole gañadora do premio Elsa Morante. Máis tarde en 1991 lanza o seu segundo traballo, un libro de relatos titulado Per voce sola, que a deu a coñecer a un público máis internacional ao ser traducido a diversos idiomas e ser premiada polo Pen Club International. En 1992 lanza o seu primeiro libro de contos para nenos Cuore dei ciccia (Corazón de Ciccia), ao que lle seguirán nos anos posteriores Il cerchio magico (1994), Tobías y el ángel (1998) e Papirofobia (2000).

No ano 1994 aparece Va dove ti porti il cuore (Donde el corazón te lleve), coñecida internacionalmente e traducida a máis de 35 idiomas, á parte de ser levada ao cine no ano 1996 baixo a dirección de Cristina Comencini. En España, esta obra vendeu máis dun millón de exemplares, o cal brindoulle un camiño de éxitos internacionais.

Anima mundi (1997), a súa seguinte obra, tamén logrou conquistar os eloxios do público e da crítica internacional. A esta novela hai que engadir outros libros, como a recompilación de artigos Cara Mathilda. Lettere a un'amica (1998) ou o ensaio Verso casa (1999).

No ano 2001 volve cultivar a narrativa de ficción co libro de relatos Respondimi, que obtén gran repercusión, do mesmo xeito que Più fuoco più vento (2002), Fuori (2003) e Ogni parola é un seme, recompilación de varios ensaios da autora, que se publica no ano 2005.

Ascolta la mia voce aparece no ano 2007 e convértese nun fenómeno editorial. Trátase da segunda parte da súa exitosa novela Va' dove ti porta il cuore.

Obra[editar | editar a fonte]

  • La testa tra le nuvole: (A cabeza entre as nubes), 1989
  • Per voce sola (Para unha voz soa), 1991
  • Cuore di ciccia (Corazón de Ciccia), 1992
  • Il cerchio magico (O círculo máxico), 1994
  • Va' dove ti porta il cuore (Onde o corazón te leve), 1994
  • Anima Mundi (Anima Mundi) (1997)
  • Cara Mathilda. Lettere a un'amica (Querida Mathilda. Carta a unha amiga), 1997
  • Tobia e l'angelo (Tobías e o anxo), 1998
  • Verso casa (O misterio e o descoñecido), 1999
  • Papirofobia (2000)
  • Respondimi (Respóndeme), 2001
  • Più fuoco più vento (Máis lume, máis vento), 2002
  • Fuori (Fóra), 2003
  • Ogni parola é un seme (Cada palabra é unha semente), 2005
  • Ascolta la mia voce (Escoita a miña voz), 2007
  • Il grande albero, 2009
  • Per sempre, 2011
  • L' isola che c'è. Il nostro tempo, l'Italia, i nostri figli2011
  • Ogni angelo è tremendo,2013
  • Via Crucis. Meditazioni e preghiere, 2013(libro electrónico)
  • Un'infanzia: adattamento teatrale di Adriano Evangelisti,2013(libro electrónico)
  • Sulle orme di San Francesco, 2014(libro electrónico)
  • Illmitz, Bompiani, 2014
  • Salta Bart!, Giunti Junior, 2014
  • Un cuore pensante, Bompiani, 2015

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]