Sunita Narain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sunita Narain
Sunita Narain CSE.jpg
Nacemento1961
NacionalidadeIndia
Alma máterUniversidade de Delhi
Ocupaciónemprendedora, activista política e ecoloxista
PremiosPadma Shri e honorary doctor of the University of Calcutta
editar datos en Wikidata ]

Sunita Narain, nada en 1961, é unha ecoloxista india e activista política así como unha importante proponente do concepto de política verde no desenvolvemento sustentable. É directora xeral do Instituto Indio de Investigacións baseado no Centro de Ciencia e Ambiente, e directora da Sociedade de Comunicacións Ambientais, e editora da revista quincenal, Down To Earth.

En 2016, foi nomeada para a lista do Time Magazine de 100 Persoas Máis Influentes.[1]

Actividades[editar | editar a fonte]

Narain empezou a traballar co Centro para a Ciencia e o Ambiente en 1982, traballando co fundador Anil Agarwal, mentres completaba os seus estudos na Universidade de Delhi. En 1985, co-editou o "Estado Ambiental de India", e logo estudaría os asuntos relacionados coa administración de bosques. Para ese proxecto percorreu o país para entender a administración dos recursos naturais.

Ao longo dos anos, Narain desenvolveu os sistemas de xestión e apoio financeiro necesarios para o Centro, que conta con máis de cen membros, e un perfil de programa dinámico. A principios dos 90, involucrouse en temas ambientais globais; e, continúa traballando nestes temas como investigadora e defensora. Os seus intereses de investigación son amplos: desde a democracia global, con especial énfase no cambio climático, até a necesidade de democracia local, no que traballou tanto no manexo dos recursos forestais como nos relacionados coa auga. Narain segue participando activamente, tanto a nivel nacional como internacional, na sociedade civil. Está actualmente a cargo da administración do Centro e xoga unha función activa nun número de proxectos de procura e campañas públicas.

Serviu en Consellos de varias organizacións e en comités gobernamentais e falou en moitos foros en asuntos da súa preocupación e pericia. En 2008 Narain pronunciou a oración KR Narayanan sobre "Por que o Ambientalismo necesita a equidade: Aprendendo do ambientalismo dos pobres para construír o noso futuro común".[2]

Accidente de ciclismo[editar | editar a fonte]

Magoouse nun accidente de estrada mentres viaxaba en bicicleta cerca do All India Institute of Medical Sciences o 20 de outubro de 2013. A súa bicicleta foi alcanzada por un coche, ía a Lodhi Garden desde a súa casa en Green Park. O condutor do coche non parou e ela foi levada rapidamente ao AIIMS por un transeúnte. Sufriu lesións faciais e ortopédicas.[3]

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • 1991, coautora Global Warming in an Unequal World: A case of environmental colonialism[4]
  • 1992, coautora Towards a Green World: Should environmental management be built on legal conventions or human rights?
  • Desde o Protocolo de Kioto sobre o cambio climático en 1997, traballou nun número de artigos e documentos sobre cuestións relacionadas cos mecanismos de flexibilidade e a necesidade de equidade e dereitos nas negociacións sobre o clima.
  • 2000, coeditou a publicación Green Politics: Global Environmental Negotiations, que fai unha mirada sobre o marco emerxente ecolóxico da globalización e pon en axenda ao Sur en negociacións globais.[5]
  • 1997, empuxando a preocupación pola colleita de auga, coeditou o texto Dying Wisdom: Rise, Fall and Potential of India's Water Harvesting Systems (Sabedoría agonizante: auxe, caída e potencial dos sistemas de colleita de auga da India).[6]
  • Desde entón, traballou nunha serie de artigos sobre as intervencións políticas de ecorexeneración do medio ambiental de India, e redución da pobreza.
  • 1999, coeditou State of India’s Environment, The Citizens' Fifth Report
  • 2001, Making Water Everybody’s Business: the practice and policy of water harvesting.[7]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 2005, Premio Padma Shri polo Goberno da India.
  • 2005, o Centro de Ciencia e Ambiente baixo o seu liderado foi galardoado polo Stockholm Water Prize.
  • 2009, Doutorado honorario de ciencia pola Universidade de Calcuta.
  • 2009, o Raja-Lakshmi Award pola Sri Raja-Lakshmi Foundation, Chennai.
  • 2016 nomeada por Time Magazine na lista dos 100 Máis Influentes.
  • 2016 galardón IAMCR Climate Change Communication Research in Action

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Time 100 Most Influential People: Sunita Narain Time Magazine, abril de 2016
  2. Environmentalism and Equity, report on the oration, 16 de setembro de 2008.
  3. Environmentalist Sunita Narain injured in a road accident.
  4. Global Warming in an Unequal World: A case of environmental colonialism, Anil Agarwal, Sunita Narain, Centre for Science and Environment, Nova Delhi, (1990).
  5. Green Politics: Global Environmental Negotiations, Anil; Sunita Narain, Anju Sharma, Centre for Science and Environment (1999)
  6. Dying Wisdom: Rise, Fall and Potential of India's Traditional Water Harvesting Systems, (State of India's Environment, v. 4) Anil Agarwal, Sunita Narain, Centre for Science and Environment (1997)
  7. Anil Agarwal, Sunita Narain, Indira Khurana (2001). "Making Water Everybody's Business: Practice and Policy of Water Harvesting" (en inglés): 456. ISBN 8186906274.