Staffan Mörling

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Staffan Mörling
Nacemento31 de decembro de 1936
 condado de Värmland
Falecemento14 de maio de 2020
NacionalidadeSuecia
Alma máterUniversidade de Lund
Ocupaciónantropólogo
editar datos en Wikidata ]
Staffan Mörling canda a Xoán Carlos I e Manuel Gutiérrez Mellado no Laboratorio de Linguas de Kungliga Sjökrigsskolan.

Staffan Mörling, nado en Karlstad (Värmland) o 31 de decembro de 1936 e finado o 14 de maio de 2020, foi un etnólogo e antropólogo sueco. Estaba especializado no estudo de lanchas e dornas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Latín, Historia da Arte e Antropoloxía na Universidade de Lund. Na illa de Ons comezou a estudar as dornas para a súa tese de doutoramento. Alí coñeceu a Xosefa Otero, a súa dona, que traballou de costureira na illa e coa cal aplicou as teorías danesas da nova etnoloxía. Tiveron unha filla, Maribel.

Foi profesor de idiomas na Escola Naval Militar de Marín. Foille concedida a Cruz do Mérito Naval. Amais, o concello de Bueu nomeouno Fillo Adoptivo e adicoulle unha rúa na vila.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Skogsbana: historik över Lindfors-Bosjöns järnväg. Svenska järnvägsklubben, 1963.
  • Las embarcaciones tradicionales de Galicia. Xunta de Galicia, 1989
  • Clinker built boats of the Iberian Peninsula, en Oxbow monograph, 99-1313901-5; 40, 1994.
  • La transformación morfológica de la embarcación de pesca de Galicia norte. Anuario do Museo de Pontevedra, 1998.
  • Lanchas e dornas. A estabilidade cultural e a morfoloxía das embarcacións na costa occidental de Galicia. Xunta de Galicia, 2005 (primeira edición en inglés, 1999).
  • Allmogebåten som uttryck för kulturell identitet. 2004.
  • Långt borta ute i havet (självbiografisk). Nomen förlag, 2012.
  • Alá, no medio do mar. A comunidade da illa de Ons. Naturaleza y Parques Nacionales, 2013.
  • Namoreime en Ons. Edicións do Cumio, 2015.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]