Escola Naval Militar de Marín
| Escola Naval Militar de Marín | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
A Escola Naval Militar é o centro de instrución para a futura oficialidade da Armada Española e atópase no concello pontevedrés de Marín, no seu núcleo urbano. Está adscrita á Universidade de Vigo.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi trasladada a Marín en xullo de 1943 dende San Fernando, e integrouse nas instalacións da Armada que xa existían no lugar, xunta o polígono de tiro naval e a Escola de Artillaría e Tiro Naval. A inauguración oficial tivo lugar o 15 de agosto (día da Asunción de María) de 1943 coa presenza do Xefe do Estado[1] Francisco Franco.
O comandante director da Escola Naval en 2026 é o capitán de navío Tomás Clavijo Rey-Stolle.
Características
[editar | editar a fonte]O seu recinto ten unha superficie 241.000 m², sen contar a illa de Tambo que pertence a ela. O río Lameira circula soterrado por parte do recinto e desemboca no peirao da escola. O seu actual comandante director é José Luis Urcelay. As instalacións da Escola emprégaas non só a Armada Española, senón tamén patrulleiras tanto do servizo marítimo da Garda Civil, como do Servizo de Vixilancia Aduaneira e remolcadores de Salvamento Marítimo.
O himno da Escola coincide co himno da Armada Española.
A carreira militar
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
A carreira militar é cursada de maneira bastante similar ás licenciaturas e diplomaturas universitarias. En cinco cursos para a Escala Superior de Oficiais e tres para a Escala de Oficiais. Cursando nela aspirantes de todas as armas da Armada (Infantaría de Mariña, Enxeñeiros, Intendencia...) O alumno ou alumna é aspirante durante os dous primeiros anos, Gardamariña durante o terceiro e o cuarto e Alférez de Fragata Alumno ou Alférez Alumno (se é Infante) durante o quinto.
Na Escola impera un ambiente de disciplina típica militar con prácticas constantes no mar e no campo, dependendo da especialidade.
Datas importantes
[editar | editar a fonte]Un dos días máis importantes na Escola Naval é o 16 de xullo, día da patroa da Armada e das xentes do mar, a Virxe do Carme, e tamén festa local en Marín. Ese día celébrase a entrega de reais despachos ós alumnos que finalizan os estudos, e as novas promocións xuran bandeira. Adoitan asistir ao acto os reis de España ou os príncipes, así como altos representantes do goberno estatal, autonómico e local. Con motivo destes actos o buque escola Juan Sebastián Elcano atraca no peirao da Escola Naval e navíos de guerra fondean na ría. Á noite realízase un baile de gala en honor dos alumnos.
Outra data importante é a celebración do baile do "ciento": con motivo da seu pronto embarque no buque escola Juan Sebastián Elcano os gardamariñas de segundo organizan un baile no casino de alumnos, ó que asisten tanto civís como militares de tódalas armas e varias nacións.
Buques
[editar | editar a fonte]
Os buques que teñen como base a Escola Naval son[2]:
- Veleiros escola:
- Arosa
- Giralda
- Sálvora
- Lanchas de instrución:
- Salas
- Godínez
- Rull
- Lamadrid
- Barrutia
- Chereguini
- Patrulleiros
- Tabarca
- Colimbo III (Servizo de Vixilancia Alfandegueira)
Repercusión
[editar | editar a fonte]A Escola Naval de Marín e os aspirantes a oficiais foron protagonistas de varias películas, entre elas:
- Botón de Ancla (1948), con Fernando Fernán Gómez coma un dos actores principais.
- Botón de Ancla (1960), coa participación do Dúo Dinámico e Miguel Gila.
- Los Caballeros del Botón de Ancla (1974).
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes da Escola Naval Militar de Marín.
- Remolcador A-51 Mahón atracado no peirao da Escola.
- Patrulleiro da Armada P-75 Descubierta na Escola.
- Pau de sinais, onde os alumnos son castigados se cometen algunha falta.
- Acto de xura de Bandeira e entrega de Reais Despachos.
- Buque Escola Juan Sebastián Elcano.
- Gardas civís saudando á Bandeira durante unha xura.
- Compañía de alumnos a paso lixeiro.
- Elcano ancorado no peirao da Escola.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La Escuela Naval Militar de Marín". ABC. 17 de agosto de 1943.
- ↑ "Lista oficial de buques da Armada". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2009. Consultado o 06 de xaneiro de 2009.