Spencer (filme)
| Spencer | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||
Spencer[1] é un filme de 2021 de ficción histórica[2][3] dirixido por Pablo Larraín e escrito por Steven Knight. O filme conta a historia da crise existencial de Diana de Gales durante o Nadal de 1991, durante a cal considerou o divorcio con Carlos de Inglaterra e abandonar a familia real británica. Kristen Stewart e Jack Farthing intepretan á Princesa Diana e ao Príncipe Carlos respectivamente, xunto Timothy Spall, Sean Harris e Sally Hawkins.
Spencer estreouse na 78ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia o 3 de setembro de 2021, e nos cinemas do Reino Unido e os Estados Unidos o 5 de novembro de 2021. Recadou máis de 23 millóns de dólares en todo o mundo e conseguiu boas valoracións por parte da crítica, sendo Stewart especialmente eloxiada. Pola súa interpretación de Diana, Stewart foi nomeada ao Óscar á mellor actriz, ao Globo de Ouro e ao Critics' Choice Movie.
Estreouse subtitulado en galego a través de Amazon Prime Video.[4]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Kristen Stewart como Diana, princesa de Gales (nada Spencer)[5]
- Kimia Schmidt como Diana con nove anos
- Greta Bücker como Diana adolescente
- Timothy Spall como cabaleiro maior Alistair Gregory
- Jack Nielen como príncipe Guillerme
- Freddie Spry como príncipe Henrique
- Jack Farthing como Carlos de Inglaterra
- Sean Harris como xefe de cociña real Darren McGrady
- Sally Hawkins como vestidora real Maggie
- Stella Gonet como Isabel II do Reino Unido
- Richard Sammel como Filipe de Edimburgo
- Elizabeth Berrington como Ana do Reino Unido
- Amy Manson como Ana Bolena
- James Harkness como Footman Paul
- John Keogh como Michael
- Ben Plunkett-Reynolds como Footman Brian
- Ryan Wichert como Staff Sergeant Wood
- Thomas Douglas como John Spencer, VIII conde de Spencer
- Emma Darwall-Smith como Camila Parker Bowles
- Niklas Kohrt como André, duque de York
- Olga Hellsing como Sarah de York
- Mathias Wolkowski como Eduardo de Wessex
- Oriana Gordon como Lady Sarah Armstrong-Jones
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ pipocas.amesa.gal (ed.). "Spencer". Consultado o 16 de xaneiro de 2023.
- ↑ Stein, Ellin (2021-11-09). "What's Fact and What's Fiction in Spencer". Slate Magazine (en inglés). Consultado o 2021-11-26.
- ↑ Lang, Cady (8 de novembro de 2021). "The True Story Behind 'Spencer'". Time (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2021. Consultado o 2021-11-26.
- ↑ @Fansubgalego (ed.). "Spencer subtitulado en galego". Consultado o 18 de maio de 2021.
- ↑ Katz, David (14 de xaneiro de 2021). "Kristen Stewart joins the British royal family in Spencer". Cineuropa.org. Consultado o 24 de xaneiro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de 2021
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes do Reino Unido
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes de Chile
- Filmes de Alemaña
- Filmes dirixidos por Pablo Larraín
- Filmes de FilmNation Entertainment
- Filmes ambientados en 1991
- Filmes ambientados en Londres
- Filmes sobre depresión
- Filmes de 2021 con versión en galego