Amazon Prime Video

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amazon Prime Video
Logo
Tiposervizo de retransmisión de vídeo
Data de fundación7 de setembro de 2006
Fundador(es)Amazon.com
Organización matrizAmazon.com
SedeEstados Unidos de América
PaísEstados Unidos de América
Na rede
https://www.primevideo.com/
IMDB: co0476953 Facebook: PrimeVideo Twitter: PrimeVideo Instagram: primevideo Youtube: UCQJWtTnAHhEG5w4uN0udnUQ Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Amazon Prime Video, ou sinxelamente Prime Video, é un servizo estadounidense de streaming e alugamento de vídeo de subscrición baixo demanda ofrecido por Amazon como servizo autónomo ou como parte da subscrición a Prime de Amazon. O servizo distribúe principalmente filmes e series de televisión producidas por Amazon Studios e MGM Holdings ou con licenza de Amazon, como Amazon Originals. Este servizo tamén conta con contido doutros provedores, complementos de contido, eventos deportivos en directo e servizos de compra e alugamento de vídeos.

Operando en todo o mundo, o servizo pode requirir unha subscrición completa a Prime para acceder. En países como os Estados Unidos, o Reino Unido e Alemaña, pódese acceder ao servizo sen unha subscrición a Prime completa,[1] mentres que en Australia, o Canadá, Francia, a India, Turquía e Italia só se pode acceder a el a través dunha sitio web dedicado. Prime Video ofrece ademais un servizo complementario de contido en forma de canles, chamados Amazon Channels ou Prime Video Channels, que permiten aos usuarios subscribirse a servizos adicionais de subscrición de vídeo doutros provedores de contido dentro de Prime Video.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Amazon Prime Video subscription". Amazon. Consultado o 28 de novembro de 2017. 
  2. Kleinman, Alexis (23 de abril de 2014). "Amazon Prime Just Got Way Better With A Ton Of Old HBO Shows". The Huffington Post. Consultado o 23 de abril de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]