Soutelinho da Raia, Chaves
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
Distritos | Distrito de Vila Real | ||||
Concello | Chaves | ||||
Freguesía | Calvão e Soutelinho da Raia | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Soutelinho da Raia foi unha freguesía portuguesa de 8,57 km² de área[1] que se localizaba no municipio de Chaves, na Raia con Galiza. No ano 2011 tiña 150 habitantes.
En 2013 pasou a formar parte da nova freguesía de Calvão e Soutelinho da Raia.[2] Porén, eclesiasticamente segue a existir, pertencendo ó arciprestado do Alto Tâmega na diocese de Vila Real.[3]
Estaba formada por un único lugar homónimo, que até 1868 foi considerado ―canda Cambedo e Lamadarcos― un dos tres pobos promiscuos, por estar situado na mesma fronteira, entre Galiza e Portugal, pertencendo a parte galega á parroquia de Videferre. Nese ano, a parte galega foi anexada a Portugal e incorporada á freguesía de Soutelinho da Raia.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Soutelinho sitúase no extremo noroccidental do concello de Chaves, a 18 km da súa capital. Limita ó leste coa freguesía de Ervededo, ó sur coa de Calvão, ó oeste co concello de Montalegre e ó norte con Galiza.
Áchase nas alturas da Serra da Panadeira, na súa zona de transición á serra do Larouco. A súa altitude elevada (entre 750 e 850 msnm) determina o seu clima rigoroso, con invernos moi fríos e de abondosas nevaradas.[4]
Historia
[editar | editar a fonte]A freguesía de Soutelinho, co seu lugar do mesmo nome, era unha poboación dividida en dúas partes pola fronteira galego-portuguesa. Mais non só era dividido o lugar en si, senón que a liña fronteiriza atravesaba as propias casas, pertencendo cada parte a un país. Ademais, as dúas partes adoitaban ter cadansúa porta. Isto podía favorecer o contrabando e a burla das autoridades.[5][6] A primeira referencia coñecida desta situación áchase nun documento de 1526, aínda que se ignora a súa orixe.[7]
Até 1836 pertenceu ó concello de Chaves. Despois formou parte do antigo concello de Ervededo desde a súa creación en 1836 até a súa extinción en 31 de decembro de 1853, cando pasou de novo para o de Chaves.[8][9]
En 1868, coa entrada en vigor do Tratado de Lisboa de 1864, en troco do Couto Mixto foron anexados a Portugal as partes galegas dos chamados pobos promiscuos. Deste xeito, foille incorporada a outra parte de Soutelinho, que pertencía á parroquia de Videferre.[10][11] Eclesiasticamente seguiu a pertencer á freguesía galega e por tanto á diocese de Ourense. Porén, coa entrada de Portugal en 1910 nun novo réxime e as crecentes dificultades dos párrocos para cruzar a fronteira, a parte galega acabou sendo incorporada tamén á arquidiocese de Braga o 27 de novembro de 1914.[12]
A freguesía eclesiástica pertencía ó arcebispado bracarense até que en 1922 pasou a formar parte da nova diocese de Vila Real, igual cás demais freguesías do distrito homónimo.[13]
Foi extinta en 2013, no ámbito da reforma administrativa portuguesa, ó se unir á freguesía de Calvão para formar unha nova freguesía denominada União das Freguesias de Calvão e Soutelinho da Raia coa sede en Calvão.[2]
Demografía
[editar | editar a fonte]1801[8] | 1849[14] | 1864 | 1878 | 1890 | 1900 | 1911 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2011 | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Habitantes | 217 | 330 | 481 | 500 | 551 | 483 | 461 | 478 | 480 | 535 | 559 | 493 | 485 | 342 | 237 | 192 | 150 |
Gráfica de evolución demográfica de Soutelinho da Raia entre 1864 e 2011 |
Fonte: Instituto Nacional de Estatística. |
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Soutelinho no mapa de José de Castro López sobre A Raia (1863)
-
Marco fronteirizo n.º 198 da Raia.
-
Igrexa parroquial
Lugares e freguesías
[editar | editar a fonte]Lugares de Soutelinho da Raia
[editar | editar a fonte]Freguesías de Chaves
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Carta Administrativa Oficial de Portugal (CAOP), versão 2012.1". Instituto Geográfico Português. 2012. Arquivado dende o orixinal (XLS en ZIP) o 09 de novembro de 2013. Consultado o 03 de febreiro de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 "Lei n.º 11-A/2013" (PDF). Diário da República. 1.ª serie (19): 38. 28 de xaneiro de 2013. Consultado o 19.1.2019.
- ↑ "Paróquias do Alto Tâmega". Diocese de Vila Real. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2019. Consultado o 20.1.2019.
- ↑ "Soutelinho da Raia". Chaves. 30.11.2008. Consultado o 3.2.2019.
- ↑ Fulgosio, Fernando (1868). Crónica de la provincia de Orense (en castelán). Madrid. p. 9.
O estado dos pobos promíscuos non era menos singular: postos cabalmente na raia de ámbalas nacións, parte dunha casa adoitaba pertencer a España e outra a Portugal. Dese xeito, o veciño perseguido polas autoridades españolas, por exemplo, sen saír da súa morada e con só se presentar na porta, que todas ou case tódalas casas tiñan polas costas, achábase en Portugal e a salvo de todo castigo. Grandes folgos ó crime e á impunidade!
- ↑ Cadenas, Delfim (17.6.2014). "A Aldeia do Cambedo e o Couto Mixto". Jornal Mapa.
- ↑ Hernández Figueiredo 2014, p. 233.
- ↑ 8,0 8,1 Espinha da Silveira, Luís Nuno (2001). Os Recenseamentos da População Portuguesa de 1801 e 1849 I. Lisboa: Instituto Nacional de Estatística. p. 349. ISBN 972-673-491-6.
- ↑ "Paróquia de Soutelinho da Raia". Arquivo Distrital de Vila Real. Consultado o 3.2.2019.
- ↑ Madoz, Pascual (1850). Vide-ferri (Sta. Maria). Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) XVI (Madrid). p. 37.
- ↑ García Mañá, Luís Manuel (xullo/decembro 2001). "Couto Mixto, unha república esquecida". IGADI. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2012. Consultado o 4.6.2016.
- ↑ Hernández Figueiredo 2014, p. 231-240.
- ↑ "A diocese". Diocese de Vila Real. Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2018. Consultado o 30.12.2018.
- ↑ Espinha da Silveira, Luís Nuno (2001). Os Recenseamentos da População Portuguesa de 1801 e 1849 III. Lisboa: Instituto Nacional de Estatística. p. 783. ISBN 972-673-491-6.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soutelinho da Raia, Chaves |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hernández Figueiredo, José Ramón (2014). "Apuntes sobre la geografía eclesiástica de Ourense: Tourém, Lama de Arcos, «Couto Mixto» y «Pueblos promiscuos»". Cuadernos de Estudios Gallegos, LXI (en castelán) (127). ISSN 0210-847X. doi:10.3989/ceg.2014.127.07.