Soraya Castro Lago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSoraya Castro Lago
Biografía
Nacemento20 de setembro de 1999 Editar o valor em Wikidata (24 anos)
Abade, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidad Nacional de Educación a Distancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónestudante , poeta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Facebook: 100085935642595 Instagram: berrandopoesia TikTok: ollostristes Editar o valor em Wikidata

Soraya Castro Lago, nada en Abade (Moeche) o 20 de setembro de 1999,[1] é unha escritora e poeta galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Desde moza escribe poesía. Padece trastorno de personalidade límite.[1] En xaneiro de 2019 tentou suicidarse botándose da fiestra dun terceiro piso.[2] As consecuencias da caída deixárona para a vida nunha cadeira de rodas con tetraplexía de alta lesión.

Nunha entrevista recoñecía a inspiración de Rosalía de Castro, Manoel Antonio, Lois Pereiro e Lupe Gómez, así como a axuda persoal de Branca Trigo para que os seus primeiros poemas visen a luz.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Cinzas (2023), autoeditado. Inclúe poemas anteriores e posteriores á discapacidade, elemento protagonista de moitos textos que reclaman un coprotagonismo coa saúde mental.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Cinzas". Goodreads (en inglés). Consultado o 2023-06-11. 
  2. 2,0 2,1 Silva, Toni (2023-06-11). "La escritora que relata su intento de suicidio en un poemario abrumador". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-06-11.