Sofiia Gubaidulina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sofiia Gubaidulina
Sofia Gubaidulina July1981 Sortavala ©DSmirnov.jpg
Nacemento24 de outubro de 1931
 Chistopol
NacionalidadeUnión Soviética e Rusia
RelixiónIgrexa ortodoxa
Alma máterConservatório de Moscovo e Kazan Conservatory
Ocupacióncompositora, compositora de bandas sonoras e música
Coñecida porThe Deceitful Face of Hope and Despair
PremiosOrde do Mérito das Ciencias e as Artes, Knight Commander's Cross of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany, Bach Prize of the Free and Hanseatic City of Hamburg, Alexander Men Prize, Praemium Imperiale, Prêmio de Música Léonie Sonning, Orden da Amistade, Honored art worker of the Russian Soviet Federative Socialist Republic, Goethe Medal, Prêmios Fundação BBVA Fronteiras do Conhecimento, Pour le Mérite e State Prize of the Russian Federation
editar datos en Wikidata ]

Sofia Asgatovna Gubaidulina (en ruso: Софи́я Асгáтовна Губaйду́лина, en tártaro: София Әсгать кызы Гобәйдуллина[1]), nada en Chistopol (Tatarstán) o 24 de outubro de 1931 é unha compositora rusa de orixe tártara.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gubaidulina naceu en Chistopol (República Socialista Soviética Autónoma Tatar) nunha familia etnicamente mixta dun pai tártaro do volga e unha nai rusa. O seu mai, Asgat Masgudovich Gubaidulin, era enxeñeiro e a súa nai, Fedosiia Fiodorovna (de solteira Ielkhova), era mestra. Tras descubrir a música aos cinco anos, Gubaidulina mergullouse na idea da composición. Mentres estudaba na escola infantil de música con Ruvim Poliakov, descubriu ideas espirituais a través do xudaísmo e atopounas na obra de compositores como Bach, Mozart e Beethoven. Gubaidulina rapidamente aprendeu a manter o seu interese espiritual fóra do coñecemento dos seus pais e doutros adultos, xa que a Unión Soviética era contraria ás ideas relixiosas.[2] Estas experiencias temperás coa música e o espiritualismo levárona a tratar os dous campos do seu pensamento como similares conceptualmente e explicou o seu posterior esforzo en escribir música expresando e explorando conceptos con base espiritual. Estudou composición e piano no conservatorio de Kazán, graduándose en 1954. En Moscova ampliou os seus estudos no conservatorio con Nikolai Peiko ata 1959, e posteriormente con Shebalin ata 1963. Recibiu unha bolsa Stalin.[3] A súa música foi considerada "irresponsable" durante os seus estudos, debido á exploración de afinacións alternativas. Non obstante, foi apoiada por Dmitrii Shostakovich, que na avaliación do seu exame final a impulsou a continuar polo seu camiño a pesar de que outros o chamaban "equivocado".[4] Permitíronlle expresar a súa modernidade en varias bandas sonoras que compuxo para documentais, incluída a produción de 1968 On Submarine Scooters, filme de 70mm rodado no formato Kinopanorama. Tamén compuxo a banda sonora do famoso filme de animación ruso Maugli, versión de O libro da selva, de Rudyard Kipling.

A mediados da década de 1970, Gubaidulina fundou Astreja, un grupo de improvisación folclórica instrumental cos seus colegas Viktor Suslin e Viacheslav Artiomov.[5] En 1979, foi incluída nunha lista negra como unha dos "sete de Khrennikov" no sexto congreso da Unión de Compositores Soviéticos por participar de xeito inapropiado nalgúns festivais de música soviética en occidente.

Gubaidulina fíxose máis coñecida no estranxeiro a principios da década de 1980 polas interpretacións de Gidon Kremer do seu concerto para violín Offertorium.[6] Máis adiante compuxo unha homenaxe a T. S. Eliot, empregando o texto de Four Quartets. En 2000, Gubaidulina, con Tan Dun, Osvaldo Golijov e Wolfgang Rihm, recibiu o encargo pola Internationale Bachakademie Stuttgart de escribir unha peza para o proxecto "Passion 2000" en conmemoración de Johann Sebastian Bach. A súa contribución foi Johannes-Passion. En 2002 continuouna con Johannes-Ostern ("A pascua segundo Johann"), por petición do Hannover Rundfunk. As dúas obras xuntas forman un díptico sobre a morte e a resurrección de Cristo, a súa obra máis longa. Invitada por Walter Fink, actuou en 13.º lugar no Komponistenporträt anual do Rheingau Musik Festival en 2003, en que foi a primeira muller compositora da serie. A súa obra The Light at the End precedeu á Sinfonía n.º 9 de Beethoven nos desfiles de 2005. En 2007, o seu segundo concerto para violín, In Tempus Praesens, foi interpretado no festival de Lucerna por Anne-Sophie Mutter. A súa creación foi mostrada no filme de Jan Schmidt-Garre Sophia - Biography of a Violin Concerto.

Dende 1992, Gubaidulina viviu en Hamburgo, Alemaña.[7] É membro das academias musicais de Frankfurt, Hamburgo e da Real Academia Sueca de Música.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Гобәйдуллина, София". Tatar Encyclopaedia. Kazan: The Republic of Tatarstan Academy of Sciences. Institution of the Tatar Encyclopaedia. 2002.
  2. Kurtz, Michael 2007. Sofia Gubaidulina: A biography. 1st English, rev. and expand ed. Bloomington: Indiana University Press, (11-14).
  3. V. Kholopova. Kompozitor Al'fred Shnitke (Composer Alfred Schnittke), Publishing House "Arkaim", 2003, p. 40 (http://yanko.lib.ru/books/music/schnittke-holopova.htm#_Toc40655895
  4. "Sofia Gubaidulina: Johnnespassion". theomniscientmussel.com. Consultado o 6 de setembro de 2008.
  5. "2018: Sofia Gubaidulina - Festival Composers - About The Festival - About Us - FiB". Festspillene i Bergen. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2018. Consultado o 6 de xullo de 2018. 
  6. Jonathan Walker, en Oxford Companion to Music, Alison Latham, Ed., Oxford University Press, 2003
  7. Sax, Mule & Co, Jean-Pierre Thiollet, H & D, París 2004. 129

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]