Sitta tephronota

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Sitta tephronota
SittaTephronota.svg
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Sittidae
Xénero: Sitta
Especie: S. tephronota
Nome binomial
Sitta tephronota
Sharpe, 1872
Sitta tephronota, Mardin.jpg

Sitta tephronota[2] é unha especie asiática de ave paseriforme pertencente á familia Sittidae.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Encóntrase en Afganistán, Armenia, Acerbaixán, Xeorxia, India, Irán, Irak, Casaquistán, Paquistán, Rusia, Taxiquistán, Turquía e Turkmenistán.

Vive en ladeiras montañosas rochosas, vales e gargantas arboradas.

Reprodución e alimentación[editar | editar a fonte]

Ambos os sexos axudan na construción do niño, xeralmente nunha greta ou cavidade natural ou escavada por eles ou abandonada por outra especie nunha parede rochosa, árbore ou ribeira fluvial. Fan unha parede na entrada do niño con lama e outros materiais, deixando só unha pequena entrada. Poñen de cinco a sete ovos.

En verán aliméntanse de insectos e caracois e en outono e primavera principalmente de sementes.

Subespecies[editar | editar a fonte]

  • Sitta tephronota dresseri
  • Sitta tephronota iranica
  • Sitta tephronota obscura
  • Sitta tephronota tephronota

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BirdLife International 2010. Sitta tephronota. 2010 IUCN Red List of Threatened Species. Consultado o 12 de marzo de 2011.
  2. "CRC Handbook of Avian Body Masses". John Bernard Dunning. Consultado o 20 de novembro de 2010. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.