Simon Bendall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Simon Bendall
Datos persoais
Nacemento1937
Falecemento26 de xullo de 2019
NacionalidadeFlag of the United Kingdom.svg Británica
Actividade
CampoNumismática.
Alma máterInstituto de Arqueoloxía.
UCL Crest.svg University College London.
Contribucións e premios
Coñecido porEstudos de numismática bizantina.
editar datos en Wikidata ]

Simon Bendall, nado en 1937 e finado o 26 de xullo de 2019, foi un numismático inglés considerado unha autoridade na moeda bizantina.[1][2][3]

Bendall é autor da primeira obra de referencia acerca das cuñaxes do Imperio de Trebisonda.[1][4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Simon Bendall comezou a súa colección de moedas na súa adolescencia, en 1953, logo de atopar unha moeda romana, e ese foi o comezo dunha vida académica dedicada ao estudo e á investigación sobre a moeda antiga.[1][3]

Tras cursar a educación primaria e a secundaria no Cheltenham College (1945-1956), en Gloucestershire, cumpriu o seu servizo militar na Artillaría Real (1956-1958), unha parte del en Dortmund, Alemaña, e despois realizou os seus estudos superiores no Instituto de Arqueoloxía da Universidade de Londres (1962-1965) ao mesmo tempo que traballaba no departamento de numismática da compañía Spink & Son (1959-1965).[1]

Logo deste período, Bendall traballou como especialista en diversos comercios deste xénero, como A. H. Baldwin (1967-1987), en Londres, e Numismatic Fine Arts, nos Ánxeles (1987-1988), e en 1998 foi o responsable do catálogo da primeira venda de moedas bizantinas de ouro da colección Nelson Bunker Hunt, para a casa de poxas Sotheby’s, de Nova York. Finalmente, na década de 2000 reincorporouse a Spink & Son en Londres, desde 2006 ata a súa xubilación en 2010.[1][2][3]

Entre outros recoñecementos por parte de entidades académicas e asociativas do seu sector, Bendall foi elixido membro da Sociedade de Anticuarios de Londres, en 1985, e tamén membro honorario da Société française de numismatique en 1996[2] e da Royal Numismatic Society en 2010[5].[1]

A súa colección de moeda bizantina foi roubada no seu domicilio londiniense en febreiro de 2018.[6] Pola súa banda, a súa biblioteca especializada foi vendida en poxa pública pola compañía Bartolami Fine Arts, de Londres, en abril de 2020.[7]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Bendall publicou un bo número de monografías acerca dos pesos e das moedas do Imperio Bizantino, así como máis de 200 artigos sobre numismática, historia militar e xoiaría. Esta é unha escolma das súas obras máis representativas:[1][8][9]

Artigos[editar | editar a fonte]

Monografías[editar | editar a fonte]

  • (1970): A Billon trachy of John Ducas : emperor, and John Connenus-Ducas, despot (con M. F. Hendy). Les Belles Letres, París.
  • (1974). The billon trachea of Michael VIII Palaeologus, 1258-1282 (con P. J. Donald). Baldwin, Londres.
  • (1977). The Mardin hoard: Islamic countermarks on Byzantine folles. Baldwin, Londres.
  • (1979). The Later Palaeologan Coinage: 1282-1453 (con P. J. Donald). Baldwin, Londres. ISBN 978-0906919026
  • (1987). Byzantine Coins and their Values (con D. Sear e M. Dennis O'Hara). Seaby, Londres. ISBN 9780900652714
  • (1988). A Private Collection of Palaeologan Coins. Wolverhampton.
  • (1996). Byzantine Weights: An Introduction. Lennox Gallery, Londres. ISBN 9780952864707
  • (2015). An Introduction to the Coinage of the Empire of Trebizond. Spink, Londres.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Bendall, Simon". En Coins Weekly. 21 de febreiro de 2018.
  2. 2,0 2,1 2,2 Morrison, C. (2019). "Décès de Simon Bendall (1937-2019)". Société française de numismatique.
  3. 3,0 3,1 3,2 "Anthony Simon Bendall". En Floreat 20. Obituary Supplement. Páxina 1. Cheltonian Society.
  4. Véxase (2015) en "Publicacións: Monografías".
  5. "Honorary Fellowship". The Royal Numismatic Society.
  6. "Simon Bendall Collection of Bizantine coins stolen". En Coins Weekly. 21 de febreiro de 2018.
  7. "The Numismatic Library of Simon Bendall at Auction". En Coins Weekly.
  8. "Bendall, S. (Simon)". WorldCat Identities.
  9. "Bendall, Simon". Digital Library Numis.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]