Silvana Mangano
Silvana Mangano | |
---|---|
Silvana Mangano en Riso amaro (1949). | |
Nome completo | Silvana Mangano |
Nacemento | 21 de abril de 1930 |
Lugar | Roma, Italia |
Falecemento | 16 de decembro de 1989 (59 anos) |
Lugar | Madrid, España |
Causa | cancro de pulmón |
Soterrado | Pawling Cemetery |
Nacionalidade | ![]() |
Cónxuxe(s) | Dino De Laurentiis (1949-1988) |
Fillos | Veronica Raffaella Francesca Federico |
Profesión | Actriz |
Na rede | |
http://silvanamangano.it | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Silvana Mangano ([silˈvana ˈmaŋɡano]), nada en Roma o 21 de abril de 1930[1] e finada en Madrid o 16 de decembro de 1989 foi unha actriz italiana.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nada en Roma, de pai italiano e nai inglesa (Ivy Webb, de Croydon), Mangano viviu na pobreza provocada pola segunda guerra mundial. Adestrada durante sete anos como bailarina, traballou tamén como modelo.
En 1946 gañou o concurso de beleza de "Miss Roma", a través do que logrou un papel nun filme de Mario Costa. Ao ano seguinte participou no concurso de Miss Italia, que gañou Lucia Bosè e no que tamén participaron futuras estrelas como Gina Lollobrigida, Eleonora Rossi Drago e Gianna Maria Canale.
A súa relación co actor Marcello Mastroianni levouna a conseguir un contrato cinematográfico, aínda que o seu descubrimento internacional foi coa súa interpretación en Arroz amargo (Giuseppe De Santis, 1949). Posteriormente, asinou un contrato con Lux Film, en 1949, e casou con Dino De Laurentiis, que estaba a piques de converterse nun recoñecido produtor.[1]
Sen chegar á altura de Sophia Loren ou Gina Lollobrigida, Mangano foi unha das estrelas favoritas do cinema italiano nas décadas de 1950 a 1970.
Tras unha operación cirúrxica o 4 de decembro de 1989 caeu en coma e faleceu en Madrid a noite do 15 ao 16 dese mes, vítima dun cancro de pulmón.
Filmografía[editar | editar a fonte]
- Arroz amargo (1949) - Silvana
- Anna (1951) - Anna
- Ulysses (1954) - Circe / Penelope
- Barrabás (1961) - Rachel
- Il disco volante (1964) - Vittoria Laconiglia
- Edipo re (1967)) - Jocasta
- Teorema (1968) - Lucia (a nai)
- Morte a Venezia (1971) - nai de Tadzio
- Gruppo di famiglia in un interno (1974) - Marchesa Bianca Brumonti
- Dune (1984) - Rev. Mother Ramallo
- Oci ciornie (1987)
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Silvana Mangano ![]() |